Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3-1/1996).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1965, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Eurovento, S.L. Unipersonal, con dirección en rúa Galeras, 17, piso 3, oficina 3, de Santiago de Compostela (A Coruña) para a autorización administrativa do parque eólico das Paxareiras II F, baseándose nos seguintes datos:

Municipios afectados: Dumbría e Mazaricos.

Superficie afectada e coordenadas: 3.062,5 ha.

V1 (498500 W, 4750000 N), V2 (492000 W, 4750000 N), V3 (492000 W, 4756000 N), V4 (495672 W, 4756000 N), V5 (497500 W, 4751700 N), V6 (498330 W, 4751700 N), V7 (498500 W, 4750000 N).

Potencia a instalar: 24,6 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderán presentarse solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 24 de setembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7389