Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 351/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.A.T. Pontesampaio-Freixa coa Sub. de Pontecaldelas, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 12 da L.A.T. Pontesampaio-Freixa

rematando na subestación de Pontecaldelas, concello de Pontecaldelas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña de alta tensión, aéreo-soterrada, cuádruple circuíto, a 66 kV, de 176 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. 33/66 kV.

Orzamento: 13.124.374 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 23 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7421