Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.985

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (221/1996-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas número 221/1996-M, tramitado por ameazas , cítase a Manuel Rivero Álvarez, en paradoiro descoñecido, para o próximo día 22 de novembro, ás 10.50 horas, co fin de que compreza como denunciante, perante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito e de que deberá ir provista do DNI e os medios de proba de que intente valerse.

En Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7651