Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.985

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (354/1996-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dicatada no día da data, no xuízo de faltas número 354/1996-M, tramitado por malos tratos, cítase a Manuel Silva Pérez, en paradoiro descoñecido, para o próximo día 22 de novembro ás 11.20 horas, co fin de que compareza como denunciado, perante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos

a que houber lugar en dereito e de que deberá ir provisto do DNI e dos medios de proba de que intente valerse.

En Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7546