Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (385/1995).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 385/1995 se dictou sentencia que ten encabezamento e resolución literais seguintes:

«En Santiago de Compostela o 2 de setmbro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co númeor 385/1995 no que actuaron como partes Begoña Beiro García, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva, designada de oficio e asistida pola letrada Manuela Gude, e Juan Luis Penelas Román, maior de idade e declarado rebelde nos autos.

Resolvo que, estimando a demanda presentada, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por Begoña Beiro García e Juan Luis Penelas Román, sen facer imposición das custas do procedemento. Unha vez firme esta resolución, líbrense os despachos oportunos para face-la inscrición marxinal dela no Rexistro Civil.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa, dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Juan Luis Penelas Román, enparadoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o tres de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7650