Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (426/1996).

En virtude de resolución dictada no día da data en autos civís de expediente de dominio seguidos ante este xulgado co número 426/1996, promovidos por Herminia García Enjo e José Ramón Martínez García sobre inmatriculación do predio que se describe:

Urbano. Casa sita no número 27 da rúa Serafín Zas desta cidade de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Conxo, lugar da Rocha Vella, antes chamado monte de Piñeiro, construída en planta baixa, que ocupa toda unha extensión

superficial de 90 metros cadrados, ós cales hai que engadir outros 60 metros cadrados que ocupan o pallete (uns 35 metros cadrados) e terreo unidos. Todo linda polo norte con terreo propiedade de Concepción Lamas, polo sur con herdeiros de Manuel Quintas, polo leste con camiño de carro do lugar e polo oeste, con camiño que pasa ó monte. Na actualidade limita á fronte coa rúa da súa situación, que é camiño asfaltado que conduce a Vidán, pola esquerda e fondo, con camiños veciñais e á dereita con terreo particular, por medio da presente cédula cítase os habentes causa daqueles de quen procedan os bens, herdeiros de Dolores Rodríguez Gómez e herdeiros de Filomena Ruanova Tarrío e as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, así como o titular descoñecido do terreo estremeiro pola dereita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación desta cédula poidan comparecer ante este xulgado para alegaren ó que conviñer ó seu dereito.

En Santiago de Compostela o oito de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6686