Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.984

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (18/1995).

En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, no xuízo verbal de faltas 18/1995 que se segue neste xulgado por lesións, cítase en legal forma a Julio Nieto Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, con fin de que o día 4 de decembro de 1996, ás 11 horas compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG expido e asino a presente cédula en Ribeira, 14 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

7697