Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lles autoriza a impartición experimental de programas de garantía social durante o curso 1996/1997 ós centros privados que no anexo se relacionan.

Na Orde do 9 de maio de 1996 (DOG do 28 de maio), díctanse as normas para a regulación de programas de garantía social durante o curso 1996/1997, con carácter experimental, en centros públicos e privados homologados de formación profesional de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlles, para o curso escolar 1996/1997, a impartición de programas de garantía social ós centros privados que figuran no anexo, coa correspondente denominación das ensinanzas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Centro privados homologados

Ourense.

-Centro de formación profesional Valle Inclán Ourense.

Introducción á construcción.

Introducción á informática.

Iniciación ás técnicas administrativas.

Pontevedra.

-Centro Divino Maestro Vigo.

Introducción ás técnicas administrativas.

-Centro Hogar San Roque Vigo.

Introducción ás máquinas e ferramentas.

8166