Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos en centros privados.

Estudiadas as solicitudes promovidas ó amparo da Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1996/1997, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

É polo que esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación dos ciclos formativos para o curso 1996/1997, nos centros privados que figuran no anexo.

Contra a presente resolución poderán interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

1. A Coruña.

1.1. Centro Liceo La Paz A Coruña.-Un ciclo formativo de grao superior Animación de Actividades Físicas e Deportivas da familia profesional Actividades Físicas e Deportivas, por transformación do módulo 3 de Actividades Físicas e Animación Deportiva.

1.2. Centro Santa Apolonia de Santiago de Compostela.-Un ciclo formativo de grao medio Coidados Auxiliares de Enfermería, en substitución do módulo profesional de nivel 2 Enfermería.-Un ciclo formativo de grao medio Conducción de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural, en substitución de 1º de FP 2 da especialidade Hixiene Dental da rama sanitaria.-Un ciclo formativo de grao superior Animación de Actividades Físicas e/o Deportivas, en substitución do módulo profesional de nivel 3 de Actividades Físicas e Animación Deportiva.-Un ciclo formativo de grao superior de Hixiene Bucodental da familia sanitaria, en substitución de 2º de FP 2 de Hixiene Dental da rama sanitaria. No curso escolar 97/98 deixará de funcionar 3º de FP 2 de Hixiene Dental da rama sanitaria, quedando totalmente suprimida esta especialidade.

2. Pontevedra.

2.1. Centro Seresco Vigo.-Un ciclo formativo de grao superior Administración de Sistemas Informáticos da familia profesional Informática, para impartir en xornada diferente ó ciclo formativo de grao superior Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas.

2.2. Centro Fogar San Roque, Vigo.-Un ciclo formativo de grao medio Impresión en Artes Gráficas da familia profesional de Artes Gráficas en substitución do módulo profesional de nivel 2 Reproducción Fotomecánica.

2.3. Centro de FP Povisa Vigo.-Un ciclo formativo de grao superior Documentación Sanitaria da familia profesional Sanidade.-Un ciclo formativo de grao superior Anatomía Patolóxica e Citoloxía da familia profesional Sanidade.-Un ciclo formativo de grao medio Coidados Auxiliares de Enfermería da familia profesional Sanidade.

9607816