Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas no anexo I á Orde do 29 de febreiro de 1996 (DOG do 14 de marzo).

Advertidos erros na citada Resolución do 16 de outubro de 1996 publicada no DOG nº 209, do 24 de outubro, cómpre efectúa-las seguintes rectificacións:

-Nas páxinas 9.444 a 9.456 que corresponden ó anexo da citada resolución deben aparecer como cabeceira de cada columna, os seguintes epígrafes:

Investigador, Código do proxecto, Título do proxecto, Duración (anos), Primeira anualidade 1996 (miles de ptas), Segunda anualidade 1997 (miles de ptas), Terceira anualidade 1998 (miles de ptas), Total subvención (miles de ptas).

-Na páxina 9.445 para a investigadora Díaz González, Rosalía onde di: «XUGA22701A96», debe dicir: «XUGA29001A96».

-Na páxina 9.446 para o investigador Gil Longo, José, onde di: «Estudio farmacolóxico dos efectos vasculares e antiplaquetarios do viño, a filla da vide...», debe dicir: «Estudio farmacolóxico dos efectos vasculares e antiplaquetarios do viño, a folla da vide...».

-Na páxina 9.448 para a investigadora Sainz Rivadulla, Mª Concepción, onde di: «XUGA20106A96», debe dicir: «XUGA26109A96».

-Na páxina 9.450 na línea 5º, onde di: «Bastida de la Calle, Mª», debe dicir: «Bastida de la Calle, Mª Rufina» e onde di: «De cara a novos sistemas macrociclicos rufina polinucleares», debe dicir: «De cara a novos sistemas macrociclicos polinucleares».

-Na páxina 9.455 na línea 5º, onde di: «Álvarez Álvarez, Rosa», debe dicir: «Álvarez Otero, Rosa».

-Na páxina 9.455 para o investigador Sánchez García, Luciano, onde di: «XUGA29001A96», debe dicir: «XUGA26112B96».

9607815