Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de outubro de 1996 pola que se autoriza o cambio de denominación de centros públicos.

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Código do centro: 15014556.

Denominación: Instituto de Formación Profesional de Ribeira.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Coroso.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Marín.

Código do centro: 36015159.

Denominación: Instituto de Formación Profesional de Marín.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Chan do Monte.

Provincia: Ourense.

Concello: Xunqueira de Espadanedo.

Código do centro: 32005721.

Denominación: C.P. Xunqueira de Espadanedo.

Nova denominación: C.P. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

Provincia: Lugo.

Concello: Xove.

Código do centro: 27005691.

Denominación: C.P. de Xove.

Nova denominación: C.P. Pedro Caselles Rollán.

7933