Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.971

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de setembro de 1996 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal de Arzúa e outras públicas e privadas no rexistro de escolas de música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde de 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1, establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentadas diversas solicitudes de inclusión no rexistro de escolas de música públicas e privadas polo Concello de Arzúa e outros, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde de 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-As escolas, das que os datos se sinalan no anexo a esta orde, quedan incluídas no rexistro de escolas de música.

Segundo.-As escolas de música citadas no dito anexo quedan sometidas ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde de 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993), e á inspección académica correspondente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

* Provincia da Coruña.

Denominación específica: Escola Muninipal de Música de Arzúa.

Titular: Concello de Arzúa.

Domicilio. r/ Santiago, 2.

Localidade: Arzúa.

Provincia: A Coruña.

* Provincia de Lugo.

Denominación específica: Escola de Música de Antas de Ulla.

Titular: Asociación da Escola de Música de Antas de Ulla.

Domicilio: Avda. de Lugo nº 34.

Localidade: Antas de Ulla.

Provincia: Lugo.

Denominación específica: Escola de Música de Foz.

Titular: Concello de Foz.

Domicilio: r/ Alfonso X o Sabio s/n.

Localidade: Foz.

Provincia: Lugo.

Denominación específica: O Barrido.

Titular: Concello de Paradela.

Domicilio: Avda. do Generalísimo s/n.

Localidade: Paradela.

Provincia: Lugo.

Denominación específica: ADESA.

Titular: Asociación para o Desenvolvemento de Samos.

Domicilio: Praza de España, 6. Antiga Casa do Concello.

Localidade: Samos.

Provincia: Lugo.

Denominación específica: Escola de Música de Monforte.

Titular: Concello de Monforte.

Domicilio: Plaza de España, 3. Casa da Cultura do Concello.

Localidade: Monforte de Lemos.

Provincia: Lugo.

* Provincia de Ourense.

Denominación específica: Escola de Música do Carballiño.

Titular: Concello de O Carballiño.

Domicilio: r/ Teixeira s/n. C.P. Vila de Arenteiro.

Localidade: O Carballiño.

Provincia: Ourense.

Denominación específica: Escola de Música de Maceda.

Titular: Concello de Maceda.

Domicilio: Colexio público de Maceda.

Localidade: Maceda.

Provincia: Ourense.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Ourense.

Titular: Concello de Ourense.

Domicilio: Avda. Sáenz Díez nº 68 (CP Curros Enríquez).

Localidade: Ourense.

Provincia: Ourense.

* Provincia de Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música de Beade.

Titular: Banda-Escola de Música de Beade.

Domicilio: Beade-Estr. Coutada nº 42.

Localidade: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música de Cangas.

Titular: Concello de Cangas.

Domicilio: Avda. de Bueu s/n.

Localidade: Cangas.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola Municipal de Música de Cambados.

Titular: Concello de Cambados.

Domicilio: Balada. Castrelo s/n.

Localidade: Cambados.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de A Estrada.

Titular: Concello da Estrada.

Domicilio: avda. Benito Vigo nº 94.

Localidade: A Estrada.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música Banda de Lalín.

Titular: Banda de Música Cultural de Lalín.

Domicilio: Polideportivo s/n.

Localidade: Lalín.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música do Porriño.

Titular: Concello de O Porriño.

Domicilio: r/ Manuel Rodríguez Pérez.

Localidade: O Porriño.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música de Redondela.

Titular: Concello de Redondela.

Domicilio: r/ Alfonso XII nº 2.

Localidade: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Silleda.

Titular: Concello de Silleda.

Domicilio: r/ Xeral Franco, Casa da Cultura.

Localidade: Silleda.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Tui.

Titular: Concello de Tui.

Domicilio: Colexio Público nº 2.

Localidade: Tui.

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza).

Titular: Concello de Vila de Cruces.

Domicilio: Estrada de Toiriz s/n. Casa da Cultura en Merza.

Localidade: Vila de Cruces .

Provincia: Pontevedra.

Denominación específica: Escola de Música de Valga.

Titular: Concello de Valga.

Domicilio: Avda. da Coruña nº 14.

Localidade: Valga.

Provincia: Pontevedra.

9607817