Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

EDICTO.

A Coruporación Municipal en Pleno, en sesión celebrada o día 21 de outubro actual, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación

puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Sanxenxo, para cambio de cualificación dunha parcela localizada no lugar da Salgueira da parroquia de Vilalonga, comprendida como solo non urbanizable de protección agrícola para destinala a equipamentos deportivos, de conformidade co plano que consta no expediente.

Exponse ó público polo prazo dun mes, co obxecto de que as persoas ou entidades que se consideren prexudicadas ou afectadas, poidan formula-las alegacións que coiden procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 102.2º da Lei do solo e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, acordouse tamén a suspensión do outorgamento de licencias na parcela obxecto da modificación.

Sanxenxo, 25 de outubro de 1996.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7928