Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento e abastecemento no lugar do Bosque (A Grela).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/66.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento e abastecemento no lugar do Bosque (A Grela).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 24.287.894 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 485.758 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 1, categoría b.

Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia que finaliza ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obrsa comprendidas no proxecto de saneamento e abastecemento no lugar do Bosque (A Grela)».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 30 de outubro de 1996.

O alcalde

Rubricado

7976