Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do patio de xogos do colexio público Emilia Pardo Bazán.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/62.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do patio de xogos do colexio público Emilia Pardo Bazán.

Prazo de execución: previsto no proxecto.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 36.966.686 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 739.334 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 6, categoría a, ou grupo K, subgrupo 6, categoría a.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia que finaliza ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar o concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do patio de xogos do colexio público Emilia Pardo Bazán».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

7992