Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle na Avenida de Madrid número 20. (Expediente 4122/411).

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión do día 11 de outubro de 1996 o estudio de detalle na Avenida de Madrid nº 20, exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como parte afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición, a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: Avenida de Madrid.

Sur: estrada provincial.

Leste: edificio nº 22 da Avda. de Madrid.

Oeste: predio nº 22-B da Avda. de Madrid.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 23 de outubroi de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde