Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN de 9 de outubro de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, para o desenvolvemento do Cluster da Automoción en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 17/1996.

Obxecto do contrato: asistencia técnica que sirva de apoio ó grupo de traballo xa constituído, para defini-lo plan conxunto de actuación e fomentar, no Clúster do Automóbil de Galicia, as actividades necesarias que conduzan ó deseño de actuacións

para a mellora da competitividade das empresas involucradas no proxecto.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 4-7-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 3-9-1996.

Contratista: Norconsult, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

8018