Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, consistente na realización dunha análise sobre a calidade de mostras de carburantes en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 10/1996.

Obxecto do contrato: elaboración dunha análise de carburantes (gasóleo a,b e c e gasolinas con ou sen chumbo) a partir das mostras tomadas.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 25-6-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 pesetas).

Adxudicación:

Data: 26-9-1996.

Contratista: Corcontrol, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicacion: seis millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (6.450.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7674