Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, consistente nos traballos necesarios para a elaboración do libro A Pedra en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 13/1996.

Obxecto do contrato: realiza-los estudios e finaliza-los ensaios de caracterización necesarios que permitan elabora-lo libro A Pedra en Galicia.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 4-7-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dezanove millóns catrocentas mil pesetas (19.400.000 pesetas). Lote A: 9.900.000 pesetas e lote B: 9.500.000 pesetas.

Adxudicación:

Data: 20-8-1996.

Contratista: Gallega de Urbanismo y Arquitectura, S.L. Lote A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: nove millóns trescentas mil pesetas (9.300.000 pesetas) (lote A) e sete millóns seiscentas corenta e dúas mil pesetas (7.642.000 pesetas) (lote B).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7673