Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 96/711 R.C.I. 15/5777).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Jesús Alonso, S.A. (Jealsa, S.A.), con enderezo social no lugar de Punta Naranxo-Bodión s/n, no municipio de Boiro (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa ubicada no anterior enderezo.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos:

-Tres motores alternativos de combustión interna en ciclo Diesel, funcionando con fuel-oil de 3.300 kW mecánicos cada un.

-Tres xeradores sincronos trifásicos de 3.300 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 6 kV.

-Un centro de transformación 66/6 kV cun transformador de 9,9 mVA.

-Instalacións auxiliares e complementarias de aproveitamento do calor, de regulación e control

de todo o sistema e de interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

O orzamento necesario para a planta estímase en 526.000.000 millóns de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7685