Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.885

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos e módulos profesionais nos centros públicos que se relacionan no anexo.

Estudiadas as propostas promovidas ó amparo da Orde de 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1996/1997, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

É polo que esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación de Profesional,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación de ciclos formativos e módulos profesionais para o curso 1996/1997, nos centros públicos que figuran no anexo, coa correspondente denominación das ensinanzas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

1. A Coruña.

1.1. IFP de Arzúa.-Módulo 2. Xardineiro e productor de plantas.

1.2. IFP de Boiro.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

1.3. IPFP Diego Delicado da Coruña.-Ciclo superior. Sistemas de telecomunicación e informáticos.

1.4. IFP Fernando Wirtz da Coruña.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.-Ciclo superior. Comercio internacional.-Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

1.5. IFP Someso da Coruña.-Ciclo medio. Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.-Ciclo medio. Mecanizado.-Ciclo medio. Perruquería.

1.6. IFP Escola de Imaxe e Son da Coruña.-Ciclo superior. Imaxe.-Ciclo superior. Producción de audiovisuais, radio e espectáculos.-Ciclo superior. Realización de audiovisuais e espectáculos.-Ciclo superior. Son.

1.7. IFP Monte Alto da Coruña.-Ciclo superior. Educación infantil.

1.8. IFP Cruceiro Baleares de Culleredo.-Ciclo medio. Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque.-Ciclo medio. Pesca e transporte marítimo.-Ciclo superior. Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e proceso.

1.9. IESP de Curtis.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.

1.10. IFP Roberto Vidal de la Torre de Ferrol.-Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

1.11. IPFP Marqués de Suanzes de Ferrol.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.

1.12. IESP Terra de Trasancos de Narón.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

1.13. IESP Noia.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

1.14. IESP de Santa Cruz-Oleiros.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.

1.15. IFP Macías o Namorado de Padrón.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

1.16. IFP Fraga do Eume de Pontedeume.-Ciclo medio. Cociña.-Ciclo medio. Servicios de restaurante e bar.

1.16. IFP de Ribeira.-Ciclo medio. Carrocería.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.-Ciclo superior. Instalacións electrotécnicas.-Ciclo superior. Automoción.

1.17. IESP de Frións-Ribeira.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

1.18. IPFP Monte de Conxo de Santiago de Compostela.-Ciclo medio. Carrocerías.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo superior. Desenvolvemento de productos electrónicos.

1.19. IFPS As Fontiñas de Santiago de Compostela.-Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

1.20. IFP Compostela de Santiago de Compostela.-Ciclo medio. Servicio de restaurante e bar.-Ciclo medio. Cociña.

1.21. IFP Lamas de Abade de Santiago de Compostela.-Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

1.22. CECA de Guísamo.-Módulo 2. Horticultura.-Módulo 2. Instalación e mantemento de xardíns.

1.23. CECA de Sergude.-Módulo 2. Explotacións agropecuarias.

2. Lugo.

2.1. IFP de Burela.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

2.2. IES José Trapero Pardo de Castro de Ribeiras de Lea.-Módulo 2. Explotacións agropecuarias.-Módulo 3. Aproveitamentos forestais e conservación da natureza.

2.3. IPFP de Lugo.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Mecanizado.-Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.-Ciclo superior. Instalacións electrotécnicas.-Ciclo superior. Desenvolvemento de productos electrónicos.-Ciclo superior. Sistemas de telecomunicación e informáticos.-Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

2.4. Sanxillao.-Ciclo medio. Cociña.-Ciclo medio. Servicios de restaurante e bar.

2.5. IFP A Piringalla de Lugo.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Administración e finanzas.-Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

2.6. IFP As Mercedes de Lugo.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.-Ciclo medio. Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.-Ciclo medio. Carrocería.-Ciclo superior. Xestión comercial e marketing.

2.7. IFP Daviña Rey de Monforte de Lemos.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.-Ciclo superior. Desenvolvemento de productos electrónicos.

2.8. IFP A Pinguela de Monforte de Lemos.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

2.9. IESP de Palas de Rei.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.

2.10. IFP de Ribadeo.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículo.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo superior. Administración e finanzas.-Ciclo superior. Automoción.

2.11. IFP de Viveiro.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.

2.12. CECA de Monforte de Lemos.-Módulo 2. Explotacións agropecuarias.

2.13. CECA Ribadeo.-Módulo 2. Explotacións agropecuarias.

3. Ourense.

3.1. IESP Allariz.-Ciclo medio. Xestión administrativa.

3.2. IFP A Farixa Ourense.-Ciclo superior. Desenvolvemento de productos electrónicos.

3.3. Sección Escola de Colocadores de Lousa Sobradelo.-Módulo 2. Cubrición de edificios: lousas.

3.4. IFP de Xinzo de Limia.-Módulo 2. Xardineiro productor de plantas.

4. Pontevedra.

4.1. IFP Francisco Asorey de Cambados.-Ciclo superior. Administración e finanzas.

4.2. IESP de Cangas.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

4.3. IB de Carril.-Ciclo superior. Animación de actividades físicas e/o deportiva.

4.4. IESP Val Miñor de Nigrán.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

4.5. IFP Chan do Monte Mogor de Marín.-Ciclo medio. Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Comercio internacional.

4.6. IES Pedra da Auga de Ponteareas.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Electromecánica de vehículos.

4.6. IFP A Granxa de Ponteareas.-Módulo 3. Hortifruticultura.

4.7. IB Sánchez Cantón de Pontevedra.-Ciclo superior. Animación de actividades físicas e/o deportivas.

4.8. IPFP de Pontevedra.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Mecanizado.-Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.-Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.-Ciclo superior. Instalacións electrotécnicas.

4.9. IFP A Xunqueira de Pontevedra.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo medio. Fabricación a medida e instalacións de carpintería e moble.

4.10. IES Luis Seoane de Pontevedra.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Administración e finanzas.-Ciclo superior. Secretariado.

4.11. IES Ribeira do Louro do Porriño.-Módulo 2. Albanelería. -Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo superior. Comercio internacional.

4.12. IPFP de Vigo.-Ciclo medio. Mecanizado.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Laboratorio.-Ciclo superior. Producción por mecanizado.-Ciclo superior. Sistemas de regulación e control automático.-Ciclo superior. Instalacións electrotécnicas.-Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

4.13. IFP Ricardo Mella de Vigo.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Saúde ambiental.-Ciclo superior. Desenvolvemento de productos electrónicos.

4.14. IFP Teis de Vigo.-Ciclo medio. Perruquería.-Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

4.15. IFP Meixoeiro de Vigo.-Ciclo medio. Vehículos autopropulsados.-Ciclo medio. Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble.

4.16. IFP Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.-Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.-Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.-Ciclo superior. Sistemas de regulación e control automáticos.

4.17. IESP Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa.-Ciclo medio. Xestión administrativa.-Ciclo superior. Comercio Internacional.

4.18. IGAFA da Illa de Arousa.-Ciclo medio. Operacións de cultivo acuícola.-Ciclo superior. Producción acuícola (con dous grupos).

6081