Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a impartición experimental de programas de garantía social durante o curso 1996/1997 ós centros públicos que se relacionan no anexo.

Na Orde do 9 de maio de 1996 (DOG do 28 de maio) díctanse as normas para a regulación de programas de garantía social durante o curso 1996/1997, con carácter experimental, en centros públicos e privados homologados de formación profesional de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesinal, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizar, para o curso escolar 1996/1997, a impartición de programas de garantía social ós centros que figuran no anexo, coa correspondente denominación das ensinanzas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Centros públicos.

A Coruña

-IFP Monte Alto A Coruña.

Introducción á atención infantil.

-IFP Fraga do Eume Pontedeume.

Introducción á cociña e a restauración.

Introducción ós servicios de restaurante e bar.

-IFP Cee.

Introducción ás reparacións de carrocería do vehículo.

Introducción á electricidade.

-IFP Someso.

Introducción á perruquería.

Introducción á fontanería.

Introducción á mecánica xeral e á electricidade do vehículo.

-IESP Curtis.

Introducción á electricidade.

Introducción á mecánica xeral e á electricidade do vehículo.

-IESP Noia.

Introducción á electricidade.

-Escola de Capacitación Agraría Guísamo.

Introducción ás explotacións agropecuarias.

-Colexio Calvo Sotelo A Coruña.

Introducción ás máquinas e ferramentas.

Lugo

-IPFP Lugo.

Introducción á electricidade.

Introducción ás máquinas e ferramentas.

Ourense

-IFP Verín.

Introducción á soldadura e ás construccións metálicas.

9607683