Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO de anuncio de oferta de emprego público.

Aprobada polo Concello a oferta de emprego público para 1996, na que se inclúen catro prazas de Policías Locais, fanse públicas as bases que rexerán a oposición e que foron aprobadas polo Pleno do Concello na sesión de data 3 de outubro de 1996:

1. Obxecto da convocatoria.

Éo a provisión, polo procedemento de oposición libre, de catro prazas de policías locais, incluídas na oferta pública de emprego para 1996, e encadradas na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será os 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade e ó Decreto 121/1995, de 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos, por superaren as probas selectivas e logo de cumpriren os requisitos formais establecidos nestas convocatorias, serán nomeados funcionarios en prácticas e para efectua-lo seu nomeamento como policías locais en propiedade, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

2. Condicións dos aspirantes.

Para participaren nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Seren españois.

b) Teren cumpridos 18 anos de idade e non sobrepasen a idade de 30 anos o día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estaren en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estaren en condicións de obtelo na data

na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Teren unha estatura mínima de 1,70 metros, os aspirantes de sexo masculino e de 1,65, as mulleres.

e) Non padeceren enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non teren sido afastados, por medio de expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas e Administración local, nin atopárense inhabilitados para o exercicio das funcións públicas nin teren sido declarados obxectores de conciencia ou insubmisos

g) Estaren en posesión dos permisos de conducir Clase A-2, B-1 e B-2.

h) Acreditaren a aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de levar armas e, si fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

3. Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte na oposición, dirixiranse ó alcalde presidente da corporación, e nelas farase constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no Rexistro Xeral do Concello ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias mediante as que se soliite tomar parte na oposición engadiráselle a seguinte documentación, de conformidade co artigo 24 da Lei 3/92, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física (letra h da base 2).

d) Compromiso de portar armas (letra I da base 2).

e) Declaración xurada de non ter sido declarado obxector de conciencia ou insubmiso.

f) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, que se fixaran en 2.500 pesetas.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e no BOP, concederase un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións, se has houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas, e aprobando a lista definitiva que será publicada na mesma forma que a provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal que haberá de xulga-las probas, así como o lugar, a data e a hora do comezo dos exercicios.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

Presidente: o alcalde presidente da corporación ou membro da mesma no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario da mesma no que delegue.

Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia, designado de acordo co Decreto 121/1995.

-Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

-Un representante do profesorado oficial ou titulado superior.

A designación dos membros titulares do tribunal incluirá a dos seus respectivos suplentes.

A composición do tribunal farase pública no BOP e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas pola lei.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso será obrigatorio a asistencia do presidente e do secretario, titulares ou suplentes.

O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes bases, así como os casos non previstos por elas.

Tamén poderá dispoñerse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen per

tinentes, limitándose os asesores a prestaren a colaboración nas súas especialidades técnicas.

6. Comenzo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá substituírse pola citación persoal ós aspirantes debendo constar no expediente a xustificación de teren recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios efectuarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, e deberán transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte.

Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificada e apreciada libremente polo tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.

7. Exercicios da oposición.

A oposición compoñerase dos seguintes exercicios:

-Primeiro exercicio.

Antes de iniciarse este, procederase a medi-la altura dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo procederase a realiza-la proba psicotécnica que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e a adecuación á función policial que se vai desempeñar. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado e que non poderá continuar coa práctica das restantes probas.

No suposto de que as probas do primeiro exercicio fosen sinaladas todas para a mesma data, a proba de aptitude psicolóxica será a primeira e tódalas restantes celebraranse condicionadas a supera-la proba psicolóxica e no suposto de non ser declarado apto algún aspirante considerarase que non foron realizadas as seguintes probas e será declarado non apto na cualificación do exercicio.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Salto de altura con listón a 1,25 metros os aspirantes masculinos e a 1,10 metros, as aspirantes femininas.

b) Salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 4 metros, para os aspirantes masculinos e, 3,50, para as aspirantes femininas.

c) Subir por corda lisa ata unha altura de 7 metros.

d) Carreira de 200 metros e nun tempo máximo de 32 segundos, os aspirantes masculinos, e de 34 segundos, os femininos.

e) Carreira de 3.000 metros nun tempo máximo de 16 minutos, os aspirantes masculinos, e de 20 minutos, as aspirantes femininas.

Para a realización das referidas probas, que se farán pola orde que resulte do sorteo que se efectúe e que se fará público no momento de convocatoria da práctica das probas, dispoñendo os aspirantes de dous intentos, excepto nas dúas carreiras.

Para seren admitidos á realización deste exercicio os aspirantes deberán achegar coa solicitude para tomar parte na oposición, un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo deberán ser declarados aptos na proba psicotécnica que se fará antes do comezo do exercicio.

-Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito, estará dividido en tres partes da maneira seguinte:

1ª. Consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 50 preguntas, con respostas alternativas, referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria.

2ª. Consistirá en cubrir un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos xerais do termo municipal de Ames, e en especial xeografía, demografía, entidades, división eclesiástica, electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc.

3º. Esta terceira parte consistirá en localizar, sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación que fixe o tribunal.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60 % de respostas correctas en cada unha das tres partes de maneira que se nalgunha das tres partes algún aspirante non acadase o 60 % de respostas correctas no poderá ser considerado aprobado o exercicio.

-Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito consistirá na redacción dun parte a un superior sobre un suposto relacionado coas tarefas da policía local, que sinale o tribunal.

-Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito sobre coñecemento do Idioma Galego, consistente en traducir para o galego un texto que facilitará o tribunal en castelán.

8. Cualificación dos exercicios.

A cualificación do primeiro exercicio será a de apto ou non apto, sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de non apto en calquera das probas físicas elimina o opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

O segundo terceiro e cuarto exercicios serán igualmente obrigatorios e serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que no acaden un mínimo de cinco puntos en cada un deles. Con respecto ó segundo exercicio cada pregunta mal contestada penalizarase con menos cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con menos cero coma cero cinco (0,05) puntos.

Para a celebración dos exercicios segundo, terceiro e cuarto fíxase como tempo máximo 90 minutos para a súa resolución.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día no que se acorden no taboleiro de anuncios da corporación.

A cualificación derradeira e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada polas sumas das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9. Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que, de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá ser superior ó número de prazas convocadas, que neste caso é de catro, e remitiralle a proposta de nomeamento conxuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no Rexistro da Corporación os seguintes documentos cando non os achegasen coa solicitude:

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido afastado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir clases A-2, B-1 e B-2.

Aqueles que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obteren o seu nomeamento anterior, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da

que dependa, que acredite a súa condición e os documentos non achegados para o seu nomeamento anterior.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos como policías locais en prácticas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso en situación de cesante e anuladas tódalas actuacións referentes ós aspirantes que se atopen nesta situación.

10. Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

11. Base derradeira.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

PROGRAMA DO SEGUNDO EXERCICIO

Tema 1. A Constitución española. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O Goberno e a Administración pública.

Tema 5. Organización territorial do Estado. A Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 6. O Municipio. Órganos de Goberno. Competencias. Bases do réxime electoral local.

Tema 7. Funcionarios: concepto e clases. Dereitos e deberes dos funcionarios. Dereitos económicos. Dereitos sindicais. Réxime disciplinario. Seguridade Social.

Tema 8. Delictos e faltas: concepto e clases. Penas. Competencias para seren xulgados e procedemento.

Tema 9. A seguridade cidadá: idea xeral. Causas da delincuencia. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadán.

Tema 10. A Lei orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de forzas e corpos de Seguridade do Estado.

Tema 11. A Lei 3/1992, do 23 de marzo, do Parlamento de Galicia, sobre coordinación das policías locais.

Tema 12. 121/1995, de 20 de abril, da Xunta de Galicia. O Decreto 83/1996, de 29 de febreiro

da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Tema 13. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

Tema 14. Código de circulación. Concepto. Natureza. Fins e definicións.

Tema 15. Normas xerais de circulación. Detencións e estacionamentos. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 16. Disposicións xerais sobre circulación. Sentido de circulación. Preferencia de paso. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores.

Tema 17. Circulación de automóbiles. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Servicio de viaxeiros. Circulación de tractores agrícolas.

Tema 18. Iluminación e sinalización de vehículos. clasificación, descrición e utilización.

Tema 19. Permisos de conducción: concepto, clases e facultades que confiren.

Tema 20. Denuncias por infraccións en materia de circulación. Información e as súas clases. Procedemento sancionador: iniciación, desenvolvemento, remate. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada de permisos de conducir.

Tema 21. Sinais de circulación. Concepto, características, clases.

Tema 22. Accidentes de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 23. Tráfico e policía local. Organización e misións. Servicios. Regulación do tráfico. Denuncias de infraccións e investigación de accidentes. Atestados.

Tema 24. O termo municipal de Ames. Situación xeográfica. División administrativa, eclesiástica e electoral.

Tema 25. Ordenanzas fiscais en vigor. Ordenamento urbanístico de Ames. Clasificación do solo. Ordenanzas de edificación.

Ames, 4 de outubro de 1996.

José Astray Lorenzo

Alcalde

9607991