Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A alcaldía-delegada para a Área de Urbanismo con data 21 de outubro de 1996 dictou resolución do seguinte teor:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a execución do parque de San Diego.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de tasación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais a quen neste momento aparece como interesado, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o devandito prazo os interesados poidan consulta-lo

proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, de 12.30 a 14 horas, e presentar cantas alegacións coiden oportunas para defende-los seus dereitos».

Alcaldía da cidade da Coruña, vinteún de outubro de mil novecentos noventa e seis.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

7600