Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1996, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 1DP/96 que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, que neste aspecto reproduce exactamente o disposto na Orde de 15 de setembro de 1994, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas; tendo en conta tamén a autorización do director xeral de Recursos Económicos do 7-2-1996, e para dar cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial da Coruña, rúa Durán Loriga, nº 3

c) Número de expediente: 1DP/96.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lote 1: empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x60.

Lote 2: empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x90.

Lote 3: absorbente incontinencia anatómico día.

Lote 4: absorbente incontinencia anatómico super noite.

Lote 5: absorbente incontinencia anatómico super noite con elásticos:

1. Tamaño grande.

2. Tamaño mediano.

Lote 6: absorbente incontinencia anatómico día con elásticos. Tamaño pequeno.

Lote 7: absorbente incontinencia infantil con elásticos.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 86, do mércores 24 de abril de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 79.925.460 ptas. (IVA incluído) (setenta e nove millóns novecentas venticinco mil catrocentas sesenta pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 3 de xullo de 1996.

b) Contratistas:

Lotes 1 e 7: desertos.

Lotes 2 e 3: Laboratorios Unitex-Hartman, S.A.

R/ Carrasco y Formiguera, 48, 08302 Mataró (Barcelona), 15.364.151 ptas.

Lotes 4 e 6: Mölnlycke, S.A.

Apdo. 279, estrada N II Madrid-Barcelona, km. 27500, Alcalá de Henares (Madrid), 27.373.382 ptas.

Lote 5: I.D. Medical, S.A.

Pza. Tirant Lo Bblanc, 3-6º, 1ª-A, 08005 Barcelona, 19.872.292 ptas.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe total adxudicado: 62.609.825 ptas.

A Coruña, 26 de setembro de 1996.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

9607724