Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da reforma e ampliación do centro de saúde de San Comba (A Coruña).

Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución.

Obra: reforma e ampliación do centro de saúde de Santa Comba (A Coruña).

Orzamento da contrata: 5.405.240 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: non se esixe.

Forma de tramitación: ordinaria.

Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentar en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo mesmo, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

7725