En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Acuicultures Mares, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas naturais e xurídicas dedicadas ós cultivos mariños, en parques de cultivo ou depósitos reguladores na zona marítimo-terrestre, ou por calquera outra forma admitida en dereito.
Asinan a acta de constitución: Raul Fraga Mascato e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
727