Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da asistencia técnica consistente na realización de 1.000 exemplares do libro Anuario de Estatística Agraria 1995.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público:

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente na realización de 1.000 exemplares do libro Anuario de Estatística Agraria 1995, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para aquela.

Orzamento de licitación: tres millóns quiñentas mil pesetas (3.500.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: cento corenta mil pesetas (140.000 ptas.).

Prazo de execución: decembro de 1996.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, 65, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 29 de novembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 5 de decembro de 1996, ás 13.30 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de outubro 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7900