Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de acordo cos proxectos e pregos aprobados para aquel.

Orzamento de licitación: tres millóns oitocentas dez mil pesetas (3.810.000 ptas.).

Lote A: dous (2) vehículos: 2.340.000 ptas.

(2.200.000 ptas. en metálico).

(140.000 ptas. en bens tasados).

Lote B: un (1) vehículo: 1.470.000 ptas.

(1.400.000 ptas. en metálico).

(70.000 ptas. en bens tasados).

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional:

Lote A: cuarenta e seis mil oitocentas pesetas (46.800 ptas.).

Lote B: vintenove mil catrocentas pesetas (29.400 ptas.).

Fianza definitiva:

Lote A: noventa e tres mil seiscentas pesetas (93.600 ptas.).

Lote B: cincuenta e oito mil oitocentas pesetas (58.800 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio Administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicions: as proposicións deberán presentarse no rexistro xeral de la Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 29 de novembro de 1996.

A apertura de proposicions terá lugar o día 5 de decembro de 1996, as 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicacion: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1996.

P.D. (Orden 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7796