Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de acondicionamento e recuperación dos bancos marisqueiros de Baldaio.

O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de acondicionamento e recuperación dos bancos marisqueiros de Baldaio, sito no concello de Carballo (A Coruña), e promovido pola Dirección Xeral de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-Para os ditos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegacións provinciais da Consellería da Pesidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

-Concello de Carballo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez finalizado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

7795