Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 16 de setembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o plan parcial de Oza presentado pola Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde da Xunta de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 1996.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

9607899