Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.765

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de outubro de 1996 pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

A disposición adicional novena, apartado 4, da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo e o Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, establecen que as administracións públicas educativas competentes convocarán concursos de traslados de ámbito nacional, de xeito coordinado, de forma que os interesados poidan participar en todas elas cun só acto e que da resolución destes non poida obterse máis ca un único destino no mesmo corpo.

En aplicación do anterior, nesta convocatoria proveranse os postos vacantes, que no seu momento determinará esta consellería, sinalados no artigo 8 do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, modificado polo Real decreto 1664/1991, do 8 de novembro, así como as do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria e as de apoio á integración en institutos de educación secundaria obrigatoria.

Igualmente e ó abeiro do Decreto 895/1989, do 14 de xullo, convócanse os procesos previos ó concurso co fin de atender á cobertura de vacantes nos postos sinalados no seu artigo 8º.

Neste concurso deberá recollerse, igualmente, a adscrición levada a cabo ó abeiro da Orde do 15 de maio de 1996 (DOG do 29) e as situacións administrativas derivadas dela.

Na súa virtude, de acordo co previsto nos reais decretos 1774/1994, do 5 de agosto (BOE do 30 de setembro), 895/1989, do 14 de xullo (BOE do 22) e de conformidade co disposto na Orde do 14 de outubro de 1996.

Esta consellería dispón anuncia-las seguintes:

Convocatorias

Primeira.-Convocatoria para que os mestres cesados como consecuencia da supresión ou modificación do posto de traballo que viñan desempeñando con carácter definitivo nun centro, e os adscritos a un posto para o que non están habilitados segundo o disposto nos artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, poidan solicita-la adscrición a outro posto do mesmo centro.

Conforme o previsto no parágrafo segundo da disposición derradeira segunda bis do Real decreto 1664/1991, do 8 de novembro (BOE do 22) esta convocatoria faise extensiva, nos termos recollidos no desenvolvemento dela, ós mestres que no proceso de adscrición do ano 1990 e 1996 resultaron adscritos a postos de traballo para os que están habilitados e continúan neles. Así mesmo quedan incluídos nesta convocatoria aqueles mestres que non participaron no proceso de adscrición do ano 1996 e obtiveron outro destino con posterioridade á adscrición do ano 1990.

Segunda.-Convocatoria para que os mestres que se encontren comprendidos no suposto a que alude a disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 895/1989, poidan solicitar posto de traballo para o que estivesen habilitados dentro da zona á que pertence o centro no que teñen o destino definitivo.

do Real decreto 895/1989, modificado polo Real decreto 1664/1991.

3. Aqueles que, como consecuencia da adscrición efectuada ó abeiro da orde do 22 de maio de 1990 e 15 de maio de 1996, obtiveron un posto de traballo para o que están habilitados e continúan nel.

II. Prioridades.

Segunda.-Terán prioridade na obtención de destino os que se encontren en calquera dos supostos 1 e 2 relacionados na norma primeira da base I, conxuntamente considerados.

Terceira.-Cando existan varios mestres dentro dun mesmo suposto, a prioridade entre eles determinarase pola maior antigüidade como definitivo no centro, sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior para os supostos 1 e 2 que se considerarán conxuntamente. Para estes efectos computarase como antigüidade no centro tamén o tempo de permanencia en comisión de servicios, servicios especiais e outras situacións administrativas que non supuxeran perda do destino definitivo.

Os mestres que teñan o destino nun centro por desagregación ou traslado total ou parcial doutro ou transformación, contarán, para efectos de antigüidade como propietarios definitivos neste, e para os únicos efectos de concurso de traslados a referida ó seu centro de orixe. Igual tratamento daráselles ós mestres ós que lles foi suprimido o seu destino inmediatamente anterior. Para o caso de mestres afectados por supresións consecutivas de postos de traballo, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nos centros que sucesivamente lles foron suprimidos.

Cuarta.-No caso de igualdade na antigüidade decidirá o maior número de anos de servicios efectivos como funcionario de carreira do corpo de mestres e, en último termo, a promoción de ingreso máis antiga e, dentro desta, a maior puntuación que virá dada polo número de lista xeral acreditado por cada concursante.

III. Solicitudes.

Quinta.-Os que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que será facilitada polas delegacións provinciais desta consellería, servicios centrais e aqueloutros lugares que se determinen.

Poderán incluír nas súas peticións calquera posto do centro e será imprescindible estar habilitado para o seu desempeño.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada nos números 1 e 2 da norma décimo oitava da base V das normas comúns ás convocatorias, o seguinte:

-Copia do documento que acredita o cesamento en virtude de supresión ou modificación do posto de traballo (só os mestres comprendidos no suposto 1 da norma primeira da base I da convocatoria).

-Copia da resolución de adscrición, anexo III da Orde do 22 de maio de 1990 e, se é o caso, do anexo VI da Orde 9 de xullo de 1991 ou da Orde do 30 de marzo de 1992 (para os mestres do suposto da dita norma primeira).

-Copia da resolución de adscrición, anexo III da Orde do 22 de maio de 1990. (Para os mestres do suposto 3).

-Copia da resolución de adscrición ou dilixencia para o efecto expedida da Orde do 15 de maio de 1996.

-Declaración ou promesa de non ter obtido destino para o que se está habilitado con posterioridade ó cesamento por supresión ou modificación do posto de traballo ou á orde de adscrición do 22 de maio de 1990 por calquera dos sistemas de provisión establecidos. (Para tódolos supostos).

Convocatoria segunda.

Convocatoria para que os mestres que estean comprendidos no suposto a que alude a disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 895/1989, do 14 de xullo, poidan solicitar posto de traballo para o que estivesen habilitados, dentro da zona á que pertence o centro do que son definitivos.

Rexerase polas seguintes bases:

I. Participantes.

Primeira.-Poden participar na presente convocatoria aqueles funcionarios de carreira do corpo de mestres que en virtude da adscrición convocada polas ordes do 22 de maio de 1990 (DOG do 7 de xuño) ou 9 de xuño de 1991 (DOG do 14 de agosto), ou da Orde do 30 de marzo de 1992, obtiveron un posto de traballo para o que non están habilitados a teor do disposto no artigo 17 do Real decreto 895/1989.

Segunda.-Quedan excluídos do establecido no parágrafo anterior os mestres que obtiveron destino en calquera dos concursos convocados con posterioridade á Orde do 22 de maio de 1990 e os que obtiveron nova adscrición a posto para o que están habilitados en virtude do disposto na Orde do 9 de xullo de 1991 (DOG do 14 de agosto) e Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril) e tamén os que obtiveron destino en virtude da Orde do 15 de maio de 1996.

II. Prioridades.

Terceira.-As prioridades virán dadas pola aplicación do baremo establecido no anexo I da presente orde.

A obtención de destino conforme o disposto nesta convocatoria non se computará, en ulteriores concursos, como cambio de centro para os efectos de baremación prevista nos apartados a) e b) do baremo.

III. Solicitudes.

Cuarta.-Os que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que para tal fin lles será facilitada polos órganos da Administración educativa.

Quinta.-Poderán incluír nas súas peticións calquera centro da zona, sendo imprescindible estar habilitado para o desempeño do posto que solicita.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada na norma décimo oitava da base V das comúns ás convocatorias, a seguinte:

-Copia da resolución de adscrición, anexo III da Orde do 22 de maio de 1990 ou, se é o caso, anexo VI da Orde do 9 de xuño de 1991 ou da Orde do 30 de marzo de 1992.

-Declaración ou promesa de non obter destino definitivo en calquera dos sistemas de provisión convocados con posterioridade á adscrición.

Convocatoria terceira.

Convocatoria para que os mestres que se atopan nalgún dos supostos a que alude o artigo 18 do Real decreto 895/1989 modificado polo Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, poidan exercer o dereito a obter destino nunha localidade ou zona determinada.

Rexerase polas seguinte bases.

I. Participantes.

Primeira.-Terán dereito preferente, por unha soa vez e con ocasión de vacante, a obteren destino nunha localidade determinada, os funcionarios de carreira do corpo de mestres que se encontran nalgún dos supostos que a continuación se indican:

a) Os que, en virtude de resolución administrativa firme, teñan recoñecido o dereito a obteren destino nunha localidade ou recuperalo onde antes o desempeñaban.

b) Os mestres a quen se lles suprimiu o posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo na mesma localidade. Entre os casos de supresión comprenderase o de transformación do posto de traballo cando o titular non reúna os requisitos específicos esixidos nos artigos 6 e 17 do Real decreto 895/1989 para o desempeño do dito posto.

c) Os mestres de centros públicos españois no estranxeiro que cesaron nestes por transcurso do tempo para o que foron adscritos e a quen o Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño (BOE do 6 de agosto), recoñece o dereito a ocupar, ó seu retorno a España, un posto de traballo na localidade na que tiveran o seu destino definitivo no momento de producirse o seu nomeamento.

d) Os mestres que, transcorridos os períodos de tres ou seis anos de adscrición á función de inspección educativa, deben incorporarse ó posto correspondente do seu corpo, e ós que a Lei 23/1988, do 28 de xullo, recoñece dereito preferente á localidade do seu último destino definitivo como docente.

e) Os mestres que, con perda da praza docente que desempeñaban con carácter definitivo, pasaron a desempeñar outro posto na Administración, mantendo a súa situación de servicio activo no corpo de mestres, sempre que cesaran neste último posto.

Os mestres que estean recollidos en calquera destas normas poderán exercer este dereito en calquera das localidades do ámbito da zona.

Previamente á resolución do concurso reservaráselles localidade e especialidade tendo en conta a orde de prelación sinalada polos participantes. Para a adxudicación de centro concreto estarán en pé de igualdade co resto de participantes do concurso nacional.

Segunda.-Serán condicións previas, en tódolos supostos anteriores, para exerce-lo dereito preferente:

a) Que o dereito a destino na localidade ou zona se fundamente en nomeamento realizado directamente para esta, mediante procedemento ordinario de provisión.

b) Que exista posto de traballo vacante ou resulta nas localidades da zona da que se trate, sempre que se estivese lexitimado para o seu desempeño.

Terceira.-Os mestres ós que se refire a norma primeira da presente base, se desexan facer uso deste dereito preferente, e ata que o alcancen, deberán acudir a tódalas convocatorias que, para estes efectos, realicen as administracións públicas, pois, en caso contrario, de existir vacante ou resulta á que puidesen ter acceso, considéranse decaídos no seu dereito. Todo isto sen prexuízo do que, en relación a estes mestres, se dispón no Real decreto 895/1989.

De conformidade coa disposición adicional décimo segunda da Orde do 15 de maio de 1996, para os efectos de mante-lo dereito preferente no concurso de traslados os funcionarios do corpo de mestres que quedan en situación de suprimidos exercerán este dereito con carácter forzoso á localidade na que estaba ubicado o seu centro e con carácter voluntario a calquera centro ou localidade da zona educativa.

II. Prioridades.

Cuarta.-A prioridade para facer efectivo o dereito preferente a unha localidade ou zona determinada virá dada polo suposto en que se atopen comprendidos, segundo a orde de prelación en que vai relacionado na norma primeira, en concordancia coa sexta, da base I desta convocatoria.

Cando existan varios mestres dentro dun mesmo grupo, a prioridade entre eles determinarase pola maior puntuación derivada da aplicación do baremo.

Quinta.-Obtida localidade e especialidade como consecuencia do exercicio do dereito preferente, o destino en centro concreto alcanzarano en concorrencia cos participantes no concurso nacional previsto no artigo 1 do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, convocatoria que se anuncia co número 4 da presente orde, determinándose a súa prioridade de acordo co baremo establecido.

III. Solicitudes.

Sexta.-Os que desexen facer uso do dereito preferente a unha localidade ou zona cubrirán a instancia que lles será facilitada ós aspirantes polos órganos correspondentes da Administración educativa.

Nela terán que consignar, no lugar correspondente segundo as instruccións que se xuntan a esta, a localidade ou zona na que solicitan exerce-lo dereito. Así mesmo cubrirán, por orde de preferencia, tódalas especialidades para as que están habilitados. Esta preferencia será tida en conta para efectos de reserva de localidade e especialidade.

Para a obtención de centro concreto deberán relacionar, segundo as súas preferencias, no lugar sinalado para o efecto na instancia, tódolos centros da localidade ou, se é o caso, da zona. Neste último suposto agrupados por bloques homoxéneos de localidades, podendo ser destinado a calquera centro. De non facelo así e non corresponderlles por baremo algún centro dos solicitados, a Administración adscribiraos de oficio a un centro da localidade ou zona, segundo corresponda.

Á instancia xuntarase, ademais da documentación relacionada nas normas comúns ás convocatorias.

-Copia do documento que acredite a lexitimación para o exercicio do dereito preferente a unha localidade ou zona determinada.

Convocatoria cuarta.

Convocatoria do concurso previsto no artigo 1 do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, (BOE do 30 de setembro).

Rexerase polas seguintes bases:

I. Características.

Primeira.-O concurso consistirá na provisión de postos de traballo, por centros e especialidades, dos previstos no artigo 8 do Real decreto 895/1989 e, se é o caso, cos requisitos lingüísticos que sexan esixibles.

Na resolución de adxudicación indicarase a localidade á que corresponden os ditos postos.

II. Participantes.

Segunda.-Poderán tomar parte no concurso os funcionarios do corpo de mestres que se atopen en calquera situación administrativa, agás os suspensos mentres permanezan na dita situación.

Os excedentes voluntarios deben reuni-las condicións para reingresar ó servicio activo.

Terceira.-Están obrigados a participar no concurso aqueles mestres que carezan de destino definitivo por consecuencia de:

3.1. Resolución firme de expediente disciplinario.

3.2. Cumprimento de sentencia ou resolución de recurso.

3.3. Supresión do posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo.

3.4. Reingreso con destino provisional.

3.5. Excedencia forzosa.

3.6. Suspensión de funcións, unha vez cumprida a sanción.

3.7. Causas análogas que implicasen a perda do posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo.

Cuarta.-Así mesmo están obrigados a participar neste concurso os provisionais que, estando en servicio activo, nunca obtiveron destino definitivo.

Quinta.-Os mestres comprendidos nos supostos a que fan referencia os números 3.1, 3.4 da norma terceira e aquelas a que alude a norma cuarta da presente base, que non participen no concurso ou que non obteñan destino dos solicitados, serán destinados, de existir vacantes, a un posto da Comunidade Autónoma na que prestan servicios con carácter provisional, sempre que cumpran os requisitos esixibles para o seu desempeño.

Sexta.-Os mestres con destino provisional como consecuencia de cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, de supresión do posto de traballo do que eran titulares, ou do transcurso do tempo para o que foran adscritos a postos de traballo docentes españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa, de non participar no concurso serán destinados libremente polas administracións públicas na forma que se sinala na norma anterior.

Aqueles que, cumprindo coa obriga de concursar, non obteñan destino dos solicitados nas seis primeiras convocatorias serán, así mesmo, destinados libremente polas administracións públicas na forma antes dita.

Sétima.-Os procedentes da situación de excedencia forzosa, no caso de non participaren no concurso, serán declarados na situación de excedencia voluntaria prevista no apartado 2 do artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

De participar e non alcanzar destino dos solicitados nas tres primeiras convocatorias serán destinados libremente polas administracións públicas segundo o procedemento indicado na norma quinta da presente base.

Oitava.-Os mestres contemplados no suposto contemplado no número 3.6 da norma terceira da presente base, de non participaren en concurso serán declarados na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

De participaren e non alcanzaren destino dos solicitados serán destinados de oficio polas administracións públicas na forma que se expresa anteriormente.

Novena.-En todo caso non procederá a adxudicación de oficio conforme as normas anteriores, cando os mestres obtiveran destino en concursos ou procedementos de provisión a postos non comprendidos no ámbito do Real decreto 895/1989.

III. Dereito de concorrencia e/o consortes.

Décima.-Enténdese por dereito de concorrencia e/ou consortes a posibilidade de que varios mestres condicionen a súa voluntaria participación no concurso á obtención de destino nun ou varios centros dunha provincia determinada.

Este dereito terá as seguintes peculiaridades.

-O grupo de mestres deben participar desde a situación de destino definitivo.

-Os mestres incluirán nas súas peticións centros dunha soa provincia, a mesma para cada grupo de concorrentes e as mesmas peticións de centro ou localidade.

-O número de mestres que poden solicitar como concorrentes será, como máximo, de catro, e cómpre que cada un dos solicitantes presente instancia por separado.

-A adxudicación de destino a estes mestres realizarase entre os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión de acordo co establecido no artigo 4º do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto.

De non obteren destino por esta modalidade de participación, tódolos mestres dun mesmo grupo de concorrentes, consideraranse desestimadas a totalidade das súas peticións.

IV. Prioridades.

Décimo primeira.-As prioridades virán dadas pola aplicación do baremo que se inclúe como anexo I á presente orde.

V. Solicitudes.

Décimo segunda.-Os que voluntaria ou obrigatoriamente participen no concurso, cubrirán a instancia que lles será facilitada ós concursantes pola Administración. Os mestres a que alude a norma quinta da base II desta convocatoria, incluirán necesariamente na súa petición de participación no concurso, no concepto global de provincias, a totalidade das que integran a Comunidade Autónoma. De non facelo así, serán destinados de oficio, segundo a orde alfabética, de existir vacante ou resulta para a que estiveran habilitados.

A esta solicitude xuntarán a documentación a que se fai referencia na norma décimo oitava da base quinta das comúns ás convocatorias.

Décimo terceira.-O artigo 1 do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto, prevé que as administracións públicas educativas competentes convocarán concursos de ámbito nacional que se realizarán de xeito coordinado. De conformidade con isto, os interesados que o desexen poden solicitar, en única instancia, dirixida ó director xeral de persoal, postos anunciados nas convocatorias citadas, sempre que conten coa oportuna habilitación.

Non obstante o anterior, aqueles participantes que accederon ó corpo de mestres nos procesos selectivos convocados ó abeiro do Real decreto 574/1991 e 850/1993 non poderán facer uso desta concorrencia, obtendo destino, de ser o caso, na Comunidade Autónoma pola que accederon.

Décimo cuarta.-Aínda que se concurse a postos de traballo de diferentes órganos convocantes soamente poderá adxudicarse un único destino.

Normas comúns ás convocatorias.

I. Requisitos específicos para o desempeño de determinados postos.

Primeira.-Ademais dos requisitos citados en cada unha das convocatorias, para poder solicitar postos:

Educación infantil

Idioma estranxeiro: inglés

Idioma estranxeiro: francés

Educación física

Música

Educación especial: pedagoxía terapéutica

Educación especial: audición e linguaxe

Educación primaria

Requírese acreditar estar en posesión dalgún dos requisitos específicos que, para o desempeño destes, sinala o artigo 17 do Real decreto 895/1989, modificado polo Real decreto 1664/1991 e o anexo III da Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24) no referente ós postos de traballo de educación musical e o anexo II da Orde do 15 de maio de 1996, entendéndose como habilitados en educación primaria á totalidade de concursantes.

Poderán solicitar postos do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria os mestres que acrediten a habilitación correspondente de acordo coas seguintes equiv

Mestres con certificación

de habilitación en:

Áreas do primeiro ciclo de ESO para as que queda habilitado

Ciencias SociaisCiencias sociais-xeografía e historia
Matemáticas e ciencias sociaisCiencias da natureza e matemáticas
Filoloxía lingua castellanaLingua castellana e literatura
Filoloxía lingua galegaLingua e literatura galega
Filoloxía, lingua castellana e inglésLingua extranxeira: inglés
Filoloxía, lingua castellana e francésLingua extranxeira: francés
Educación físicaEducación física
Educación musicalEducación musical
Educación Especial. Pedagoxía terapéuticaProfesor de apoio á atención de alumnos con necesidades educativas especiais
Educación especial: audición e linguaxeAudición e linguaxe

Para poder optar a postos de traballo de ciencias sociais, xeografía e historia do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria, requírese, así mesmo, acreditar no momento de presentación de instancias, ter superado o curso de perfeccionamento en lingua galega ou estar en posesión dalgunha das súas validacións.

Os concursantes que obteñan no concurso posto de traballo de educación infantil, educación primaria, educación especial: pedagoxía terapéutica, educación especial: audición e linguaxe, música ou matemáticas e ciencias naturais, virán obrigados, no prazo de dous anos contados a partir do 1 de setembro de 1997 a superar, polo menos, o curso de perfeccionamento en lingua galega, agás que acrediten ter superado o dito curso ou estar en posesión dalgunha das súas validacións ou homologacións.

Para tal fin xuntarán á súa solicitude a documentación acreditativa que se sinala.

II. Prioridade entre as convocatorias.

Segunda.-A orde en que van relacionadas as convocatorias implica unha prelación na adxudicación de vacantes e resultas en favor dos participantes en cada unha delas, de tal forma que non pode adxudicarse posto a un mestre que participe nunha das convocatorias, se existe solicitante na anterior con dereito, sen prexuízo no que respecta á adxudicación de posto concreto ós que fagan efectivo o seu dereito preferente a unha localidade ou zona determinada, de ter en conta o que se dispón na norma quinta da base II da correspondente convocatoria.

Terceira.-É compatible a concorrencia simultánea, de asistir dereito, a dúas ou máis convocatorias, utilizando unha única instancia. As peticións atenderanse coa prelación indicada na norma anterior e, unha vez obtido destino, non se terán en conta as restantes peticións.

III. Prioridades na adxudicación de vacantes e resultas en cada convocatoria.

Cuarta.-Salvo no caso da convocatoria primeira (readscrición no centro) que se resolverá cos criterios que nela se especifican, a orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación obtida segundo o baremo que figura no anexo I.

Quinta.-O cómputo dos servicios prestados en centros ou postos singulares clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, a que se refire o apartado b) do baremo, comezará a partir da publicación da clasificación como tales (Orde do 24 de outubro de 1990, DOG do 12 de novembro).

Sexta.-Co fin de determina-los servicios ós que se refiren os conceptos a) e b) do baremo, e unicamente para os efectos do concurso de traslados, considerarase como centro desde o que se participa, para aqueles que acoden sen destino definitivo como comprendidos nos supostos do artigo 11.4º do Real decreto 895/1989,

o último servido con carácter definitivo, ó que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente con posterioridade en calquera outro centro.

Os que participan desde a situación de provisionalidade por térselles suprimido a unidade ou posto escolar que viñan desempeñando con carácter definitivo, por resultar desprazados por cumprimento de sentencia ou resolución de recurso ou por proceder de excedencia forzosa, terán dereito, ademais, a que se lle acumulen ó centro de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior. Para o caso de mestres afectados por supresións consecutivas de posto de traballo, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nos centros que sucesivamente lle foron suprimidos.

No suposto de que o mestre afectado non desempeñase outro destino definitivo terá dereito a que se lle acumule, para os efectos sinalados, a puntuación correspondente ó apartado c) do baremo.

Sétima.-Os mestres que teñen o destino definitivo nun centro por desagregación ou traslado total ou parcial doutro ou transformación, contarán, para os efectos de permanencia ininterrompida prevista no apartado a) do artigo 21 no Real decreto 895/1989, a referida ó seu centro de orixe, e unicamente para efectos do concurso de traslados.

De conformidade co disposto no punto décimo quinto e a disposición adicional novena da Orde do 15 de maio de 1996 ó profesorado que obtivo destino neste proceso de adscrición non se lle esixe ter dous anos de permanencia ininterrompida no centro para efectos de participación contabilizándoselle para efectos de antigüidade no centro a xerada no seu centro de procedencia.

Oitava.-Aqueles mestres que participan desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso ó que tiveron que acudir obrigatoriamente desde a situación de provisionais de novo ingreso, poderán optar a que se lles aplique no lugar do apartado a) do baremo, a puntuación correspondente ó apartado c) del, considerándose, neste caso, como provisionais tódolos anos de servicio. De non facer constar este extremo no espacio que para tal fin figura na instancia de participación, considerarase a puntuación polo apartado a).

Para estes efectos considerarase que están no seu primeiro destino definitivo aqueles mestres que no momento de participación no proceso de adscrición regulado pola Orde do 15 de maio de 1996 estaba no seu primeiro destino definitivo aínda que no mesmo resultaran adscritos a outro centro.

Novena.-Os mestres que acudan á presente convocatoria desde o primeiro destino definitivo obtido ó que tiveron que acudir por térselles suprimido o posto do que eran titulares, terán dereito a que se lles considere, unicamente para efectos de concurso, como prestados no centro desde o que concursan os servicios que acrediten no centro no que se lles suprimiu o posto. Este mesmo criterio aplicarase ós que se encontren prestando servicios no primeiro destino definitivo despois de perdelo por cumprimento de sentencia, resolución de recurso ou por proceder da situación de excedencia forzosa.

Co fin de dar cumprimento ó establecido na Orde do 4 de xaneiro de 1995 (DOG do 20) os mestres que se atopen adscritos en calquera das situacións pre

vistas nos puntos primeiro, segundo e terceiro da citada orde e para os únicos efectos de acadar posto de referencia, poderán participar no concurso, sen consumir praza cruzando a instancia co texto en caracteres maiúsculos SEN CONSUMIR.

Décima.-Para a valoración dos méritos previstos nos apartados e) e f), alegados polos concursantes, en cada delegación provincial constituirase unha comisión, por cada 1.000 solicitantes, integradas polos seguintes membros, designados polo delegado provincial correspondente.

Un inspector do Servicio Provincial de Inspección Técnica de Educación, que actuará como presidente.

Catro funcionarios dependentes da delegación provincial, que actuarán como vocais.

Actuará de secretario o vocal de menor idade.

Así mesmo, poderán asistir ás comisións de valoración un representante de cada organización sindical con presencia na Mesa Sectorial Docente non universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Os membros das comisións deberán pertencer a un grupo de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados.

Para os efectos previstos no artigo 26 dous, do Decreto 229/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, estas comisións así como as previstas na base trixésima, consideraranse incluídas na categoría segunda.

Décimo primeira.-No caso que se producisen empates no total das puntuacións estes resolveranse atendendo, sucesivamente, á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo conforme a orde en que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subapartados pola orde en que aparecen no baremo. De ser necesario utilizarase, como derradeiro criterio de desempate, a orde alfabética do primeiro apelido e, se é o caso, segundo apelido, tendo en conta que deberá contarse para cada un deles de dúas letras que serán determinadas cada vez que se convoquen concursos de ámbito nacional mediante sorteo realizado para o efecto pola Dirección Xeral de Persoal e Servicios do Ministerio de Educación e Ciencia.

IV. Vacantes.

Décimo segunda.-As vacantes que se van prover nas convocatorias faranse públicas no Diario Oficial de Galicia previamente á resolución das mencionadas convocatorias, conforme determina o artigo 7 do Real decreto 895/1989, na súa nova redacción dada polo tamén Real decreto 1664/1991.

As vacantes mencionadas serán incrementadas coas que resulten da resolución de tódalas convocatorias.

Tódalas vacantes a que se fai referencia nesta norma deben corresponder a postos de traballo previstos na planificación escolar do curso 1997-1998.

Para estes efectos, a planificación terá en conta o número de alumnos do primeiro ciclo de ESO que se van escolarizar nos institutos de educación secundaria, o número de profesores que posúen determinadas especialidades así como os suprimidos de diferentes zonas educativas.

Décimo terceria.-Co fin de que os participantes nestas convocatorias poidan realiza-las súas peticións, achegado á presente orde publícase a relación de localidades e centros existentes nas diferentes zonas educativas comprendidas no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II).

V. Formato e cumprimento da petición.

Décimo cuarta.-A instancia, que poderán obte-los interesados nas delegacións provinciais desta consellería, servicios de inspección e servicios centrais, dirixíndose ó director xeral de persoal e poderá presentarse no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo quinta.-O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude, concorra por unha ou varias convocatorias, non poderá exceder de 300.

Décimo sexta.-As peticións, coa limitación de número anteriormente sinalada, poderán estenderse á totalidade de especialidades acreditadas e centros, por si, previamente á resolución das convocatorias ou en calquera momento do seu desenvolvemento e dado que se incrementan resultas, se producise a vacante da súa preferencia.

As peticións poderán facerse a centro concreto ou localidade, sendo compatibles ámbalas modalidades. Nese último caso adxudicarase o primeiro centro da localidade con vacante ou resulta, na mesma orde en que aparecen anunciados no anexo II. Se os postos corresponden a ciencias sociais, xeografía e historia do primeiro ciclo da ESO no recadro correspondente a vernáculo farase constar esta circunstancia poñendo un X.

Décimo sétima.-Nas instancias relacionaranse, conforme as instruccións unidas a elas, por orde de preferencia, os postos que se solicitan, expresando coa maior claridade os conceptos exactos que no impreso da instancia se consignan.

Calquera dato omitido ou consignado erroneamente polo interesado non poderá ser invocado por este para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e dereitos.

Unha vez entregada a instancia, por ningún concepto se alterará a petición, nin aínda cando se trate da orde de prelación dos postos solicitados. Cando os códigos resulten ilexibles, estean incompletos ou non se coloquen no cadro correspondente, considéranse non incluídos na petición, perdendo todo dereito en relación con eles os concursantes.

Décimo oitava.-A instancia irá acompañada de:

1. Folla de servicios certificada e pechada ó día 20 de novembro de 1996, unicamente se se participa desde provincia distinta á que ten acreditado o destino.

2. Copia compulsada da certificación de habilitación expedida polo delegado provincial correspondente.

Os que con posterioridade ós prazos sinalados na Orde do 8 de marzo de 1991 (DOG do 24), sobre habilitación do profesorado, cumpriron algún dos requisitos específicos que para o desempeño de determinados postos esixe o artigo 13 do Real decreto 895/1989,

se participan en calquera destas convocatorias, poderán acreditar tal circunstancia na forma prevista na norma vixésimo quinta da base VI destas normas comúns ás convocatorias.

3. Certificación expedida polo delegado provincial acreditativa de que o centro do seu destino está clasificado como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño para os efectos do apartado b) do baremo.

4. Documentación acreditativa dos cursos realizados ou impartidos, titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo, desempeño de cargos directivos e por último publicacións.

No que se refire ós cursos de perfeccionamento ten que constar, inescusablemente, o número de horas de duración do curso ou cursos. Aqueles nos que non se fixera mención de tal circunstancia, non se computarán, agás nos cursos de lingua galega e outros nos que conste a súa duración na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia, que se valorarán conforme esta, aínda que no certificado non conste a súa duración.

Para que sexan puntuadas as titulacións de primeiro ciclo, será necesario presentar fotocopia do título de diplomado ou, se é o caso, certificación académica persoal na que se faga constar que se cursaron e aprobaron tódalas disciplinas correspondentes ós tres primeiros cursos de que consta unha licenciatura, inxenería ou arquitectura, non entendéndose como titulación de primeiro ciclo a superación do curso de adaptación.

A presentación da fotocopia compulsada do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto dará lugar, exclusivamente, ó recoñecemento da puntuación correspondente ó 2º ciclo.

Para a valoración da titulación de segundo ciclo é requisito imprescindible achegar fotocopia compulsada ou cotexada do título de mestre.

VI. Outras normas.

Décimo novena.-O prazo de presentación de instancias para tódolas convocatorias será de 15 días hábiles e comezará a computarse a partir do día 4 de novembro e rematará o día 20, ámbolos dous inclusive.

Vixésima.-Tódalas condicións que se esixen nesta convocatoria e os méritos que aleguen os participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, excepto o requisito de dous anos de permanencia que se contabilizarán o 31 de agosto de 1997.

Vixésima primaira.-Non serán tidos en conta os méritos non invocados nas solicitudes, nin tampouco aqueles que non se xustifiquen documentalmente durante o prazo de presentación delas.

Vixésima segunda.-Poderá ser anulado o destino obtido por calquera concursante que non se axuste ás normas da convocatoria.

Vixésima terceira.-É requisito imprescindible en calquera das convocatorias, para solicitar un posto determinado, estar habilitado para o seu desempeño.

Vixésima cuarta.-Para poder participar en concurso deberá acreditarse permanencia ininterrompida de dous anos no destino definitivo no centro desde o que se participa.

Vixésima quinta.-A circunstancia de estar en posesión dos requisitos específicos para o desempeño de deter

minados postos de traballo que esixe o artigo 17 do Real decreto 895/1989, na súa nova redacción dada polo Real decreto 1664/1991, acreditarase por medio da certificación de habilitación expedida polo delegado provincial.

Aqueles mestres que con posterioridade á finalización dos prazos previstos na Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24), superaron cursos de especialización convocados polo Ministerio de Educación e Ciencia ou polas comunidades autónomas con competencias en materia de educación e que habilitan para o desempeño de determinados postos, de participar nas presentes convocatorias, poderán solicita-la habilitación correspondente, xuntando ó resto da documentación a instancia solicitude segundo modelo anexo I da Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24) e certificado acreditativo de ter superado o curso ou cursos correspondentes, no que conste, á parte dos extremos que se considere necesarios, a área ou especialidade del e a data de convocatoria.

Así mesmo, aqueles mestres que, con posterioridade ós indicados prazos e por teren rematado os estudios correspondentes, estivesen en condicións de obter algún dos títulos ou diplomas que para o desempeño de determinados postos esixe o artigo 17 do Real decreto 895/1989 e a nova redacción dada polo Real decreto 1664/1991 e pretendesen facelo valer nas presentes convocatorias, poderán solicita-la habilitación correspondente, xuntando certificación académica na que se faga consta-la finalización dos estudios, que xuntarán ó resto da documentación de participación.

Vixésimo sexta.-Os mestres que concorran ó concurso nacional desde a situación de excedencia, no caso de obter destino, virán obrigados a presentar na delegación da provincia onde radique o destino obtido e antes da toma de posesión, os documentos que se citan a continuación e que o citado organismo terá que examinar co fin de presta-la súa conformidade e autorizalos para facerse cargo do destino alcanzado. Os documentos que se presentarán son os seguintes: copia da orde de excedencia e declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio da Administración do Estado, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Aqueles mestres que non logren xustifica-los requisitos esixidos para o reingreso, non poderán tomar posesión do destino obtido no concurso, quedando a citada praza como vacante para a súa provisión segundo corresponde.

Vixésimo sétima.-Os que participen nestas convocatorias e soliciten e obteñan a excedencia no transcurso da súa resolución ou cesen no servicio activo por calquera outra causa, consideraranse como cesantes na praza que lles corresponda, quedando esta como vacante para a súa provisión segundo corresponda.

Vixésimo oitava.-Os mestres que obteñan praza nestas convocatorias e durante a súa tramitación permutaran os seus destinos, estarán obrigados a servi-lo posto para o que foron nomeados, anulándose a permuta que fora concedida.

VII. Tramitación.

Vixésimo novena.-As delegacións provinciais son as encargadas da tramitación das solicitudes dos mestres que serven na súa demarcación excepto as dos que desempeñen provisionalmente ou en comisión de ser

vicios destino distinto do que son titulares, que serán tramitadas pola delegación da provincia onde teñen acreditado o destino definitivo.

Se a solicitude non reunise os datos que sinala o artigo 71 da Lei 30/1992, requirirase o solicitante para que no prazo de 10 días, repare a falta ou xunte os documentos preceptivos, con apercibimento de que, se así non o fixese, arquivarase sen máis trámite. Exclúense desta norma os datos referidos a códigos de zona, localidade e centro que, en ningún caso, poden ser alterados.

As instancias con aspectos que hai que rectificar serán tramitadas polas delegacións provinciais como as dos demais, facendo constar na cabeceira da petición o defecto que é preciso reparar e a circunstancia do requirimento ó interesado, correspondéndolle á Dirección Xeral de Persoal a medida de arquivar, sen máis trámites, as instancias que non se enmendaren; para este efecto a respectiva delegación oficiará sobre tal extremo a citada dirección xeral.

Trixésima.-Con respecto ás peticións daqueles mestres que cumpren algún dos requisitos específicos do artigo 17, con posterioridade á finalización dos prazos previstos na Orde do 8 de maio de 1991 (DOG do 24), as delegacións provinciais constituirán unha comisión coa composición sinalado no punto 8º da dita orde para efectos de analiza-la documentación achegada e propoñer, se é o caso, ó delegado provincial a expedición da oportuna certificación de habilitación. En tal caso darase trámite á petición para o concurso polo que respecta á/s nova/s especialidade/s recoñecida/s.

Trixésimo primeira.-As delegacións provinciais, unha vez realizados os trámites oportunos, exporán nos taboleiros de anuncios, as seguintes relacións.

a) Relación de participantes na convocatoria de mobilidade dos mestres definitivos no centro, ordenados alfabeticamente por localidades e dentro de cada unha destas por centros. Os solicitantes de cada centro ordenaranse, así mesmo, polo suposto de participación, considerando conxuntamente os supostos 1 e 2. Nesta relación expresarase a antigüidade do mestre como definitivo no centro, para efectos de concurso, os anos de servicio como funcionario de carreira, ano de ingreso no corpo e número de lista.

b) Relación de participantes na readscrición á zona (transitoria décimo primeira), ordenada por zonas. Dentro de cada zona consignaranse os seus participantes ordenados polas prioridades que determina o baremo.

c) Relación dos participantes na convocatoria para o exercicio do dereito preferente, ordenados por grupos segundo a prioridade sinalada na norma primeira, en concordancia coa sexta, da base da dita convocatoria. Nesta relación farase mención expresa da puntuación que segundo o baremo corresponde a cada un dos participantes.

d) Relación dos participantes no concurso, apartado 6, con expresión da puntuación que lles corresponde por cada un dos apartados e subapartados do baremo.

e) Relación, de se-lo caso, de peticións que foron rexeitadas.

As delegacións provinciais darán un prazo de oito días naturais para reclamacións.

Trixésimo segunda.-Rematado o citado prazo, as delegacións provinciais exporán no taboleiro de anuncios as rectificacións que procedan.

Contra esta exposición non cabe reclamación e terá que esperarse a que a Dirección Xeral de Persoal faga pública no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional das convocatorias e estableza o correspondente prazo de reclamacións.

As delegacións provinciais remitiranlle á Dirección Xeral de Persoal as peticións dos participantes ordenadas alfabeticamente independientemente da convocatoria pola que participan.

Trixésimo terceira.-As delegacións provinciais remitirán relación dos mestres que, estando obrigados a participar no concurso, non o fixeran. Destes mestres formularán impreso de solicitude para cada un, consignando tódolos datos que se sinalan para os que presentaron solicitude, sen consignar vacantes no apartado b) da instancia e cubrindo o apartado c) dela priorizando a provincia na que está destinado e seguindo coa orde alfabética das restantes empezando pola primeira. Igualmente cubrirán o espacio de especialidades priorizándoas tal e como constan na correspondente certificación de habilitación.

En bloque á parte remitirán as instancias dos participantes pola modalidade SEN CONSUMIR.

VIII. Publicación de vacantes, adxudicación de destinos e toma de posesión.

Trixésimo cuarta.-A Dirección Xeral de Persoal resolverá cantas dúbidas se susciten no cumprimento do que por estas convocatorias se dispón: ordenará a publicación das vacantes que correspondan segundo o disposto non artigo 7 do Real decreto 895/1989, na nova redacción dada a este polo Real decreto 1664/1991, adxudicará provisionalmente os destinos, concederá prazo para as reclamacións e desestimentos e, por último, elevaranse a definitivos os nomeamentos, resolvéndose aqueles pola mesma resolución que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes a quen estas afecten.

Trixésimo quinta.-O desestimento á participación en concurso deberá formularse nos prazos establecidos para tal fin na resolución provisional, entendéndose este como baixa total na/s convocatoria/s de participación.

Trixésimo sexta.-Os destinos adxudicados na resolución definitiva son irrenunciables.

Trixésimo sétima.-A toma de posesión do novo destino terá lugar o día primeiro de setembro de 1997, cesando no de procedencia o último día de agosto do mesmo ano.

IX. Recursos.

Trixésimo oitava.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e forma establecidos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo de comunicación da súa interposición a esta consellería, tal e como esixe o artigo 110.3º da Lei 30//1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director xeral de Persoal. Sres. delegados provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Baremo

Documentación xustificativa

A) Tempo de permanencia ininterrompida como funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que participa.Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo a delegación provincial certificará de oficio estes servicios.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano:

1 punto por ano.

Polo cuarto ano: 2 puntos.

Polo quinto ano: 3 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 4 puntos por ano.

Polo décimo primeiro e seguintes: 2 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse da seguinte maneira:

Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.

Fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Para os mestres con destino definitivo nun posto de traballo docente de carácter singular, a puntuación deste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida no posto desde o que solicita.

Para os mestres en adscrición temporal a centros públicos españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa, a puntuación deste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.

B) Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo en centro ou posto singular desde o que se solicita cando fosen catalogados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente.Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo, a delegación certificará de oficio estes servicios.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano:

0,50 puntos por ano.

Polo cuarto ano: 1 punto.

Polo quinto ano: 1,50 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 2 puntos por ano.

Polo décimo primeiro e seguintes: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse do seguinte xeito.

Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.

Fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Non se computarán para estes efectos o tempo que se permaneceu fóra do centro en situación de servicios especiais, comisión de servicios, en licencia por estudio ou situacións análogas.

A puntuación resultante por este apartado, engadirase á obtida polo apartado A).

Documentación xustificativa

C) Tempo transcorrido en situación de provisionalidade polos funcionarios de carreira que nunca obtiveron destino definitivoFolla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia da que dependen. En caso contrario a delegación correspondente certificará de oficio estes servicios.
1 punto por ano de servicios ata que obteñan a propiedade definitiva.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Os servicios desta clase prestados en centros ou postos clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, darán dereito, ademais, á puntuación establecida no apartado B)

D) Anos de servicio activo como funcionarios de carreira no corpo de mestres. Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia na que teñen acreditado o destino. En caso contrario a delegación correspondente certificará de oficio estes servicios.
1 punto por cada ano de servicio.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

E) Cursos de perfeccionamento organizados polas administracións públicas educativas competentes e se é o caso, as homologacións que procedan.Copia compulsada do documento acreditativo.

E.1.- Cursos impartidos: por participar, en calidade de relator, profesor ou dirixir, coordinar ou titorar cursos de formación permanente (entendidos nas súas distintas modalidades: grupos de traballo, seminarios, grupos de formación en centros, cursos, etc.) convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro que foran homologados ou recoñecidos por esta administración, así como os convocados polas universidades.

0,10 puntos por cada 10 horas acreditadas ata un máximo de 1 punto.

E.2. Cursos superados: pola asistencia a cursos de formación do profesorado (entendidos como se sinala no punto anterior), convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro e que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.

0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados, ata un máximo de 2 puntos.

Por este apartado E) pódese outorgar ata un máximo de 3 puntos.

F) Titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo de mestres.Copia compulsada do título ou certificacións académicas cando se trate de cursos superados.

Documentación xustificativa

F.1.- Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ou polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería: 1,50 puntos.

F.2.- Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: 1,50 puntos.

F.3.- Por posuí-lo título de doutor: 2,50 puntos.

Por este apartado pódese outorgar un máximo de 3 puntos.

G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto.

G.1.- Polo desempeño de cargos directivos e, se é o caso, de coordinadores de ciclo, ata un máximo de 10 puntos, outorgarase a seguinte puntuación por ano.

-Director/a en centros públicos ou centros de formación continuada do profesorado: 1,50 puntos.Nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.
Secretario/a e xefe/a de estudios dos referidos centros: 1 punto.Nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.
-Coordinador/a de ciclo, de departamento, de equipo de normalización lingüística, asesor/a técnico pedagóxico dos CEFOCOP ou mestre adscrito a centros de recursos: 0,50 puntos.Certificación expedida polo director do centro co visto e prace do inspector de educación da zona, agás no caso dos asesores técnico pedagóxicos e dos mestres dos centros de recursos que deberán presentar nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,041 puntos por cada mes completo.

G.2.- Publicacións.

G.2.1.- Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionados con aspectos xerais ou transversais do currículum ou coa organización escolar.Exemplares con I.S.B.N.
Ata 1 punto.
G.2.2.- Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.Exemplares con I.S.B.N.
Ata 1 punto.
G.2.3.- As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas por escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música e danza valoraranse da forma seguinte:Fotocopia compulsada de cantos títulos sexan alegados ou certificación acreditativa de ter feitos os estudios conducentes á súa obtención.
Música e danza: grao medio: 0,50 puntos

Ensino de idiomas: ciclo medio: 0,50 puntos

ciclo superior: 0,50 puntos

9607874