Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.809

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello Consultivo de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello Consultivo de Galicia, por Resolución do 19 de setembro de 1996 (DOG nº 194, do 3 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, este consello consultivo dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se lle indica ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente resolución.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base oitava da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarta.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

-N.R.P.: 32.765.549.57 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Gómez García, José Antonio.

Posto de traballo: xefe da Sección de Habilitación.

Nivel: 25.

Código posto: 005.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

-N.R.P.: 1.089.95824.A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Braña Rey, Emilia.

Posto de traballo: secretaria presidente.

Nivel: 20.

Código posto: 006.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

-N.R.P.: 32.772.693.24A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Novo López, Manuel.

Posto de traballo: secretario de letrado-secretario xeral.

Nivel: 18.

Código posto: 007.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

9607523