Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Club de Campo de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-8-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal con data 2-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio será de aplicación no centro de traballo da empresa Club de Campo de Vigo, existente no momento da súa sinatura e, por extensión, a calquera lugar onde o persoal do cadro de persoal do dito centro puidese presta-los seus servicios a este.

Artigo 2º.- Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia de dous anos, entrando en vigor a partir do 1º de xaneiro

de 1996 e rematando o 31 de decembro de 1997. Calquera que sexa a data da súa sinatura ou publicación no BOP, os efectos económicos retrotraeranse ó 1º de xaneiro.

Artigo 3º.-Retribucións salariais.

As retribucións salariais serán as que figuran na táboa anexa.

Para o ano 1997, establecerase un incremento igual ó do IPC do ano 1996 máis 0,5 puntos.

Artigo 4º.-Antigüidades.

Os aumentos por antigüidade serán calculados por trienios desde o ingreso na empresa do traballador. Aboaranse a razón de:

1º trienio: 8%

2º trienio: 16%

3º trienio: 20%

4º trienio: 23%

5º trienio: 25%

6º trienio: 35%

7º trienio: 40%

8º trienio: 50%

A partir dos vintecinco anos de antigüidade, o 60%.

Artigo 5º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá 4 pagas extraordinarias, que serán aboadas nas seguintes datas: 10 de marzo, 15 de xullo, 10 de outubro e 21 de decembro.

O importe das pagas extraordinarias será de trinta días (30) de salario real base máis antigüidade. En ningunha delas se computará a prima de asistencia nin o plus de transporte.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Por este concepto cobrarase a cantidade de 460 ptas. por día de traballo efectivo.

Artigo 7º.-Plus de asistencia.

Por este concepto cobrarase a cantidade de 245 ptas. por día de traballo efectivo.

Artigo 8º.-Xornada.

A xornada semanal será de 40 horas de traballo efectivo, é dicir, 1.800 horas ó ano.

Artigo 9º.-Vacacións.

Tódolos traballadores que se regulen por este convenio terán dereito a trinta días (30) naturais de vacacións ininterrompidas. Non obstante, no presente ano 1996, desfrutarán 5 días máis, a cambio de non desfrutalas nos meses de xuño, xullo e agosto e desde o período abranguido entre o 20 de decembro de 1996 e o 10 de xaneiro de 1997 (ambos inclusive). Nestes cinco (5) días extraordinarios non se descontarán os pluses de asistencia nin de transporte. As vacacións serán rotativas.

Artigo 10º.-Descanso.

O club permanecerá pechado o día un de xaneiro de 1997, despois de remata-la festa de fin de ano.

Artigo 11º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso con percepción dos salarios correspondentes nos seguintes casos e polo tempo que se expresa:

a) Por matrimonio: 20 días naturais.

b) Por nacemento dun fillo: 3 días naturais.

c) Por enfermidade grave ou falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade e afinidade: 3 días naturais.

d) Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Calquera traballador que teña que trasladarse fóra da provincia por calquera dos motivos anteriormente citados, terá dereito a dous días máis.

Artigo 12º.-Enfermidade.

En caso de accidente de traballo con baixa de internamento, completarase a prestación da Seguridade Social ata o 100% do salario base.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Para o presente ano 1996, as horas extraordinarias que se realicen serán devengadas de acordo co establecido no artigo 35 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións xerais.

Artigo 14º.-Revisión médica.

Realizáraselle por conta da empresa unha revisión médica anual a todo o persoal. Esta revisión farase preferentemente en novembro.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal afectado por este convenio que necesite para o seu traballo uniforme ou roupa adecuada, a empresa proporcionaralle muda de acordo coas súas necesidades. A revisión de vestiario farase preferiblemente en primavera.

Artigo 16º.-Dereito sindical.

O representante dos traballadores deberá ser informado dos plans da empresa por parte do xerente desta.

Artigo 17º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente considerado neste convenio, haberá que aterse ó que dispoñan as normas de vixente aplicación.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio e comporase dun presidente, un secretario e un vocal de cada unha das partes, social e económica.

Serán presidentes e secretarios os actuais titulares da negociación do convenio e, no seu defecto, os

designados pola comisión. Ámbalas partes acordan someter a esta comisión cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen derivarse como consecuencia da aplicación, desenvolvemento ou aplicación do convenio, para que esta emita o seu informe como trámite previo, antes de acudir á xurisdicción correspondente.

Artigo 19º.-Comedores.

Tódolos traballadores incluídos en cadro de persoal terán dereito a manutención sempre que o requiran as necesidades do servicio.

Considéranse necesidades do servicio:

a) Cando o traballador teña menos dunha hora de descanso entre xornada e xornada de traballo.

b) Cando a xornada sexa continua non se descontarán nin o tempo nin haberes por manutención.

c) As que non estean incluídas nestes apartados poderán comer na empresa, pagando unha cantidade que fixará a xerencia ó respecto.

Artigo 20º

Este convenio negociárono:

Pola parte económica:

Ramón González-Babé Ozores (presidente).

Juan Manuel Cividanes Barreras (tesoureiro).

José Laureano Iglesias Caride (xerente).

Pola parte social:

Hipólito Rodríguez Viéitez (delegado).

Manuel Fernández Alfaya (cociña).

Estes dous últimos traballadores foron elixidos polo resto do persoal en asemblea para a súa representación.

ANEXO

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo. Ano 1996

CategoríasSalario brutoGrat. Vol. Absor.

Persoal administrativo
Xerente246.700
Oficial 1ª115.61913.515
Oficial 2ª95.931
Auxiliar administrativo74.037
Aspirante Advo. (17 anos)47.266
Aspirante advo. (16 anos)29.413

Persoal subalterno
Consexe88.14611.534
Axudante de conserxe86.999
Porteiro73.492
Mozo de recados de 17 anos50.630
Mozo de recados de 16 anos29.413
Cuidador de pistas86.999

Persoal obreiro
Xardineiro93.603
Vixilante nocturno86.999
Especialista86.999
Peón79.626
Encargado de limpeza82.09436.585

CategoríasSalario brutoGrat. Vol. Absor.

Limpador82.094

Persoal bar-restaurante
Encargado173.28119.665
Subencargado124.28819.665
Camareiro86.999
Axudante de camareiro73.491
Aprendiz camareiro 17 anos47.265
Aprendiz camareiro 16 anos29.413
Xefe de cociña136.636
Cociñeiro105.263
Axudante de cociña82.094
Pinche cociña82.094
Pinche cociña (17 anos)47.361
Pinche cociña (16 anos)29.397

7793