Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación do estudio de detalle do predio Villa Otero, entre Montecelo e Montecelo Baixo (expediente 3795/411).

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 7 de outubro de 1996 a modificiación do estudio de detalle do predio Villa Otero, entre Montecelo e Montecelo Baixo, exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicao, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de outubro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7791