Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa da Ponte Loña (Lonia), na sesión ordinaria da Comisión Municipal de Goberno, celebrada o día 26 de setembro de 1996.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que coide oportuno.

Ourense, 2 de outubro de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

7859