Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 11 de outubro de 1996 polo que se convocan bolsas para a realización de prácticas na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas.

A Fundación Galicia-Europa convoca 6 bolsas para financia-la realización de prácticas de licenciados universitarios na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas, ó longo do ano 1997, co fin de completar e aplica-los coñecementos adquiridos no transcurso dos seus estudios.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios completos do segundo ciclo.

Será mérito preferente ter realizado estes estudios nalgunha das universidades galegas.

2. Ter un expediente académico con media de notable.

3. Coñecemento dunha lingua comunitaria ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1966.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea.

7. Terán preferencia aqueles candidatos que realizase estudios posuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Duración das prácticas:

As prácticas durarán 5 meses. A fundación establecerá dúas quendas: 15 xaneiro-15 xuño e 1 xullo-30 novembro.

As persoas seleccionas deberán ter dispoñibilidade para seren incluídas nun dos dous períodos.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 FB/mes para aloxamento e manutención. Os candidatos seleccionados ocuparanse do transporte e seguros.

Data límite de presentación da solicitude das bolsas:

As solicitudes poderanse presentar ata o 22 de novembro de 1996.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes.

Información e presentación de solicitudes:

Fundación Galicia-Europa, Casa da Parra, praza da Quintana s/n, 15704 Santiago de Compostela, telf: 981/54 58 29 ; número de Fax: 981/56 26 46; Horario de 9 h a 14 h.

José Antonio Orza Fernández

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa