Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de subministración e instalación dun servidor de aplicacións para a Consellería de Industria e Comercio.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 13/1996.

Obxecto do contrato: adquisición dun servidor de aplicacións que dará soporte ós sistemas informáticos da Consellería de Industria e Comercio, así como a adquisición do software básico necesario para o seu funcionamento.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: os bens obxecto do contrato deberán ser entregados e instalados na Consellería de Industria e Comercio no prazo dun mes desde a sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.).

Garantías:

-Provisional: será do 2% do orzamento do contrato (170.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Teléfono: 54 55 22.

-Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

-Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas.

-Documentación que se ten que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Data: décimo primero día ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primero día hábil seguiente.

-Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7476