Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-79/1995 e C-46/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 23 de setembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-79/1995.

Denunciado: Adolfo, Álvarez Pérez.

Último enderezo coñecido: Val Miñor, 5-7º H, Vigo.

Feito denunciado: adestrar cans en lugar e día non hábil.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º 18 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 5.000.

-Expediente: C-46/1996.

Denunciado: José Antonio Pastoriza.

Último enderezo coñecido: Rosales, Ardan-Marín.

Feito denunciado: atoparse adestrando dous cans en época de veda.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º 18 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 4.000.

9607580