Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 96/3-3-A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1996, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Maderas Ojea, S.L., domicilio en Seoane (O Carballiño).

Emprazamento: Seoane (O Carballiño).

Finalidade: establecer un sistema de coxeración de enerxía eléctrica e obte-la condición de autoxerador.

Características principais: catro grupos motoxeradores marca caterpillar compostos cada un de motor CAT 3516 de 1137 kW de potencia ISO e alternadores SR 4 síncrono trifásicos a 50 hz, 380 V, e 1080 kW, cos phi 0,8. Cela de interconexión coa rede a 20 kV de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Catro transformadores de potencia de 1600 kVA c/u, 20 kV/380 dyn 11. Un transformador de alimentación a servicio do serradoiro con 630 kWA, 20 kV/380 dyn 11. Un transformador de servicios auxiliares de grupo con 100 kWA, 20 kV/380 dyn 11.

Rede de alimentación para os grupos motores de gasóleo composto de dous depósitos de 75.000 litros c/u, e dous grupo sde presión e bombeo.

Instalación automatizadas de regulación, protección, medida, seccionamento e manobra.

Orzamento: 145.100.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-3º Ourense) e formularse á mesma as reclamacións por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 26 de setembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9607876