Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCION do 16 de outubro de 1996 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da primeira etapa do polígono residencial de Esteiro, segundo o seu plan parcial reformado.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data 26 de marzo de 1992, asinou un convenio co Concello de Ferrol para a execución do polígono residencial de Esteiro.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 1984, aprobou definitivamente o plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro, o que implica, de conformidade co artigo 132 do texto refundido da Lei sobre réximen de solo e ordenación urbana aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación

dos terreos e edificios correspondentes para os fins da expropiación.

O artigo 218 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño permítelle á Administración actuante aplicar en tódalas expropiacións urbanísticas o procedemento de taxación conxunta regulado nos artigos 219 e seguintes do dito texto legal e nos artigos 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime de solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono residencial de Esteiro.

O expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade de Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (Xestur-Coruña) sita na rúa Ronda de Nelle 12 bis- 1º polo termo dun mes, a partir da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito no edificio administrativo Monelos, rúa Salvador de Madariaga, s/n A Coruña.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

José Antonio Reborido López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Polígono residencial de Esteiro

Polígono catastral P7 solo urbano

PredioPropietariosSup.

(M)

NaturezaXustoprecio

(ptas.)

A-1Hdros. Antonio Porto Carrera.

r/ Real nº 1, 4º. Ferrol.

827Urbano6.516.967
A-2Guillermina Sansegundo Rodríguez.

r/ Pérez Villamil, 11 - 13, 4º Esq. Ferrol.

967Urbano7.620.202
B-1Descoñecido320Urbano2.521.680
B-2Descoñecido285Urbano2.245.871
B-3Irmáns Pereira Villares.

r/ Sartaña, nº 49 - 51. Ferrol

678Urbano5.342.810
B-4Rosa e Purificación Mayobre Seoane.

r/ Uruguai, nº 23 - 25, 1º Esq. Ferrol.

441Urbano3.475.190
B-5Rosa e Purificación Mayobre Seoane.

r/ Uruguai, nº 23 - 25, 1º Esq. Ferrol.

150Urbano1.182.037
B-6Herdeiros de Jesús Gónzalez Rego

r/ Pardiñas, nº 28 - 30, 2º Esq. Ferrol.

765Urbano6.028.391
B-7Juan Pico González.

r/ Uruguai, nº 23 - 25, 1º Esq. Ferrol.

188Urbano1.481.487
B-8Irmáns de Valentina Olivares González.

r/ Igrexa, 38 - 2º. Ferrol.

4.080Urbano32.151.420

PredioPropietariosSup.

(M)

NaturezaXustoprecio

(ptas.)

B-9Cipriano Rodríguez Fernández

Rúa Vila do Conde, nº 13 - 2º Esq. Caranza. Ferrol.

570Urbano4.491.742
B-10Josefina e Mª del Carmen Bernardo Peteiro.

r/ Exército Español, nº 17. Ferrol.

2.736Urbano21.560.364
B-11Hdros. Nicolás Badía

r/ Santiago nº 1, 6º Drta. A Coruña.

3.995Urbano31.481.598
B-12Santiago Pérez Ardá.

r/ Juana de Vega. A Coruña.

1.985Urbano15.642.296

PredioArrendatariosXustiprezo

B-3Segundo Bujía Fernández

r/ Betanzos, nº 5, Ferrol

196.762
B-8Mercedes Bouzamayor Rodríguez

r/ Sánchez Calviño, nº 34-36, Ferrol

1.184.098

7777