Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso polo procedemento aberto para a contratación da subministración dunha unidade de hidroterapia (C.P. 14/1996).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxeto: subministración dunha unidade de hidroterapia.

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 200.000 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: un mes.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: ata 4 puntos.

2. Calidade do material: ata 5 puntos.

3. Servicio técnico: ata 3 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e

demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro de Vigo. En días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (986) 81 11 59, fax:(986) 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 11 de outubro de 1996.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo

7778