Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

INFORMACIÓN pública sobre a solicitude de autorización para a realización das obras de acondicionamento hidráulico do río Sar no contorno da Colexiata do Sar, no concello de Santiago de Compostela (expediente DH.W15.9532).

A Confederación Hidrográfica do Norte, da Secretaría de Estado de Augas e Costas, solicita autorización para a realización das obras de acondicionamento hidráulico do río Sar, no contorno da Colexiata do Sar, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Breve descrición das obras:

Encanamento do río Sar nun tramo que comenza augas abaixo da presa existente nas proximidades

da Colexiata do Sar e remata na ponte da rúa do Sar, tendo unha lonxitude aproximada de 400 metros.

La sección prevista é trapezoidal, de 10 m de base e noiro 2:1 (H:V) e unha pendente uniforme do 0,9%.

Sométese a solicitude de autorización ó trámite de información pública durante o prazo de veinte (20) días, contados a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña, co fin de que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito, e duplicado exemplar, as reclamacións e/ou observacións que estimen pertinentes, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) e nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do Organismo Autónomo Augas de Galicia, situadas nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, r/ San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña. Nestes dos últimos lugares estará a disposición o expediente e a documentación técnica para que poida ser examinada por quen o desexe.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos previstos no Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1996, do 11 de abril, e no decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Jesús V. Pazo Buján

Xefe do Servicio de Xestión do Dominio Público Hidráulico

7740