Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

EDICTO.

O Pleno desta Corporación, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1996, prestoulle a súa aprobación con carácter inicial á reforma puntual das normas subsidiarias de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, modificación da delimitación de sectores en solo apto para urbanizar.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do R.D.L. 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Como consecuencia da aprobación inicial, quedan suspendidas as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas zonas afectadas pola modificación.

San Cibrao das Viñas, 15 de outubro de 1996.

A alcaldesa

Rubricado

6174