Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da rúa Fonte do Monte.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 3 de outubro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto da urbanización da rúa Fonte do Monte 1ª fase, a pedimento de Promociones Santa Mariña, S.L., representada por Alejandro González López, que deberá constituír garantía por importe de 1.724.137 ptas., para responder da correcta execución das obras.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días; será anunciada esta no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

O abeiro do artigo 117 TRLS, anúnciase a exposición pública do dito proxecto perante quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas presenten, no mencionado prazo, aquelas reclamacións ou alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 14 de outubro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

7764