Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Dirección Provincial de Pontevedra en Vigo, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e urxente, para a adquisición de diversos lotes de material informático (expediente 1/1996).

Resolución do director provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de equipamento informático para os servicios administrativos da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, mediante procedemento aberto e urxente (1/1996).

A Dirección Provicial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: a contratación da subministración de equipamento informático diverso para os servicios

administrativos da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo.

-Lote I: rede informática de 40 puntos.

-Lote II: 24 ordenadores.

-Lote III: 18 impresoras.

Orzamento: 7.825.000 ptas. (sete millóns oitocentas vintecinco mil pesetas), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: non se esixe (artigo 36.2º Lei de contratos das administracións públicas).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación (artigo 37 Lei de contratos das administracións públcas).

Constituirase segundo o disposto no artigo 37, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

Prazo de execución: 30 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

Admisión de variantes: pódense presentar melloras sobre as características mínimas establecidas nos pregos de prescricións técnicas, dentro sempre, do orzamento máximo autorizado.

Solvencia económica e financeira: o que se especifica no apartado 6 da folla de especificacións.

Solvencia técnica: o que se especifica no apartado 7 da folla de especificacións.

Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 9 da folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado no Servicio de Xestión Económica e Investimentos da Dirección Provincial do Sergas, 1ª planta, rúa A Coruña, 24 36211-Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas, rúa A Coruña, 24 36211-Vigo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 12 da folla de especificacións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratacións, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do

seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los citadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 10 de outubro de 1996.

Carlos Crespo Sabarís

Director provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra (Vigo)

7596