Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores I-60/1996 e I-95/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de

resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que considere convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 25 de setembro de 1996.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-60/1996

Denunciado: empresa La Plana del Montseney, S.A.

Último enderezo coñecido: estrada del Ginars km 4 08301-S. Pere de Vilamajor.

Feito denunciado: abandono dun vehículo no monte.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000

Expediente: I-95/1996

Denunciado: Luis M. Lastra Palleiro

Último enderezo coñecido: r/ Barcelona, 6, 28914-Madrid.

Feito denunciado: abandono dun vehículo no monte.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000

7790