Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de xullo de 1996, aprobou as bases rexedoras do concurso de ideas para a construcción dunha nova Casa do Concello na Praza Maior de Viveiro.

1. Obxecto.

O obxecto deste concurso é a contribución de ideas para a futura construcción dun edificio destinado a Casa do Concello que se situará na Praza Maior dentro do núcleo histórico da cidade de Viveiro.

2. Concursantes.

Poderán presentarse, individualmente ou en equipo, tódolos arquitectos superiores colexiados á data da finalización do prazo de inscrición, en calquera dos colexios oficiais de arquitectos de España.

O feito de se inscribir no concurso supón por parte dos concursantes o coñecemento e aceptación de tódalas disposicións recollidas nestas bases.

Os concursantes non poderán atoparse incursos en ningún dos supostos recollidos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Tampouco poderán incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade e incapacidade recollidos no

artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Calendario.

O prazo para a inscrición é de vinte días, a contar desde a publicación destas bases no derradeiro dos boletíns oficiais (BOE e DOG).

Para a inscrición, os interesados deberán presentar, nun único sobre, debidamente pechado e asinado, personalmente, perante o rexistro xeral do concello, ou ben mediante correo certificado ou servicio de mensaxería, acreditando nestes dous últimos casos a data do envío, a seguinte documentación:

1. A instancia que se acompaña ás presentes bases, debidamente cuberta.

2. Fotocopia compulsada do DNI.

3. Fotocopia compulsada do carné de arquitecto colexiado. No seu defecto, certificado expedido polo Colexio Oficial de Arquitectos que corresponda, no que se acreditase a súa adscrición a el.

4. Aboamento dos dereitos de inscrición, que se cifran na cantidade de 3.000 ptas. Este aboamento poderá facerse:

-En métalico, engadindo á documentación a correspondente carta de pagamento expedida polo concello.

-Mediante cheque nominativo a favor do concello de Viveiro.

-Ingreso na conta nº 0097-8926-580660000467, do Banco de Galicia, sucursal de Viveiro; neste suposto, incluirase no sobre a copia do ingreso.

5. Nome do arquitecto ó que se propón como representante dos concursantes no xurado.

4. Lista de admitidos.

A lista dos admitidos, que será aprobada pola comisión de goberno, publicarase no taboleiro de anuncios do concello, no día seguinte hábil ó de remate do prazo de solicitude de inscrición e remitirase ós diversos colexio oficiais nos que aqueles figuren inscritos; así mesmo, farase notificación individual a cada un dos participantes.

5. Remisión de documentación.

A tódolos concursantes admitidos remitiráselle-la seguinte documentación para o desenvolvemento dos traballos:

-Plano de situación a escala 1:1.000.

-Plano a escala 1:100 da parcela sobre a que se actuará.

-Especificación das condicións de altura e volumetría.

-Reportaxe fotográfica da Praza Maior.

-Programa de necesidades referentes a instalacións e dependencias.

6. Prazo de presentación.

As solucións propostas poderán presentarse ata as 14 horas do día no que se cumpran os tres meses da publicación no BOP da lista de admitidos. En calquera caso, farase notificación individual da data exacta de remate do prazo de presentación.

As proposicións poderán presentarse personalmente, perante o rexistro xeral do concello, ou ben mediante correo certificado ou servicio de mensaxería, acreditando nestes dous últimos casos a data do envío.

Cada concursante ou equipo poderá presentar unha ou máis solución: no caso de seren varias, a presentación farase baixo lemas diferentes.

7. Documentación que hai que presentar.

Os concursantes entregarán a seguinte documentación:

1. Memoria descritiva da solución proposta. O texto escrito poderá acompañarse de esquemas e debuxos.

2. Definición arquitectónica, a nivel de anteproxecto, con planos de cada planta e distribución a escala mínima 1/100, tratamento de fachadas en alzados, e seccións a escala mínima 1/100.

3. Orzamento desagregado da solución presentada.

Poderá engadirse calquera outra documentación gráfica que a xuízo do concursante sirva para explicar con máis detalle a súa proposta.

A presentación de maquetas será optativa.

8. Forma de presentación.

A documentación presentarase nun sobre selado e lacrado, figurando no seu exterior o título «Concurso de ideas para a construcción dunha nova Casa do Concello na Praza Marior do Concello de Viveiro».

No exterior do sobre figurará o lema escollido polo participante, integrado por 3 letras e 3 números (ABC-123).

No interior do sobre incluirase:

a) Un sobre pechado e lacrado, opaco, que conterá un DIN-A4 pregado pola metade, onde se incluirá o lema e o nome do equipo concursante e de cada un dos seus compoñentes, así como o número de teléfono e enderezo de, polo menos, un deles. No exterior figurará unicamente o lema.

b) A documentación técnica, de conformidade co seguinte:

1. A documentación escrita presentarase en formato DIN-A4, ecanutillada ou encadernada, con expresión na primeira páxina do lema escollido.

2. A documentación gráfica, en formato DIN-A1, sobre un soporte ríxido ou semiríxido (tipo cartón pluma), figurando no seu exterior o lema.

9. Composición do xurado.

O xurado estará integrado polas seguintes persoas:

Presidente: o alcalde do Concello de Viveiro, ou concelleiro no que delegue.

Vocais: un arquitecto nomeado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura.

Un arquitecto nomeado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Un arquitecto elixido polos concursantes.

Un representante da Escola Superior de Arquitectura da Coruña.

Un integrante da Oficina Técnica Municipal.

Actuará como secretario do xurado, con voz pero sen voto, o secretario da corporación, ou funcionario que o supla.

O vocal representante dos concursantes será o que obteña o maior número de propostas na inscrición, e como suplente o que lle siga en número de votos, decidíndose o empate por insaculación.

A decisión do xurado, que será inapelable, emitirase no prazo máximo de 45 días, contado a partir do remate do prazo de presentación de propostas.

A elección realizarase por maioría simple dos membros presentes, cun quórum mínimo de tres membros. No caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

O xurado resérvase o seu dereito a declarar deserto o concurso.

A resolución do xurado será publicada no taboleiro de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia, ademais de ser personalmente notificada a tódolos participantes.

10. Premios.

O primeiro premio consitirá na formalización de encargo ó concursante elixido da redacción do proxecto básico e de execución para a construcción da nova Casa do Concello de Viveiro, así como a asunción da dirección de obra, aboando o concello os honorarios que correspondan pola execución destes traballos.

O segundo e terceiro premio consitirá no pagamento en metálico das cantidades de 400.000 e 200.000 ptas., respectivamente, ó titular ou titulares dos proxectos premiados.

11. Propiedade dos traballos e obrigas dos concursantes.

Os traballos presentados quedarán en propiedade intelectual dos seus autores. Os premiados cederán á entidade convocante unicamente os dereitos de explotación que lle correspondan ó concello en función do obxecto do concurso, conforme a lexislación

sobre propiedade intelectual, e a normativa que rexe o exercicio da profesión de arquitecto.

O concello de Viveiro poderá expoñelos ou publicalos sen necesidade e autorización expresa dos seus autores, conservando o anonimato deles, salvo que estes manifesten a súa vontade de rachalo.

Os concursantes obríganse a introduci-las suxestións que o concello considere oportunas durante o desenvolvemento do proxecto da proposta gañadora. Así mesmo o concello resérvase a facultade utilizar ideas ou solucións parciais entre as propostas presentadas.

ANEXO

MODELO DE INSTANCIA

D./ Dª..., en nome propio (ou en reprensetación do gabinete, estudio...), arquitecto superior, con DNI nº ..., colexiado co nº... no Colexio Oficial de Arquitectos de..., con domicilio para efectos de notificación en... teléfono..., fax....

EXPOÑO:

Primeiro.-Que informado da convocatoria do concruso de ideas para a construcción dunha nova Casa do Concello na Praza Mairo de Viveiro, e das bases rexedoras del que coñezo e acetop na súa integridade, declaro o meu interese en participar nel.

Segundo.-Que acompaño á presente a documentación esixida nas bases.

Terceiro.-Que baixo a miña responsabilidade, e con perfecto coñecemento das sancións que por falsidade se impoñen no Código Penal, declaro no incorrer en ningún dos suposto recollidos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, nin en ningún dos supostos de incompatibilidade e incapacidade regulados no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

Por todo isto,

SOLICITO:

Ser admtido no concurso de ideas para a construcción dunha nova Casa do Concello na Praza Maior de Viveiro.

(Data e sinatura do solicitante)

Viveiro, 2 de outubro de 1996.

César Aja Mariño

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273