Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 380/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba a agrupación voluntaria dos concellos de Ourol e Muras, da provincia de Lugo, para sostemento en común da praza de secretaría-intervención.

Os concellos de Ourol e Muras, en sesións plenarias celebradas os días 10 e 13 de maio de 1996, respectivamente, acordaron aproba-los estatutos de agrupación dos concellos de Ourol e Muras para sostemento en común da praza de secretaría-intervención e, elevaron o expediente á Xunta de Galicia para a súa aprobación.

As peculiares características dos concellos de Ourol e Muras en canto á súa poboación, recursos ordinarios e situación xeográfica fan que se xustifique a constitución dunha agrupación para o sostemento en común dun posto único de secretaría-intervención.

O expediente axústase ó disposto nos artigos 2 e 3 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, 35 e seguintes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e 47.3º b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora da bases do réxime local.

O expediente foi sometido a información pública polo prazo dun mes.

A Deputación Provincial de Lugo emitiu informe favorable.

A competencia para aproba-la constitución de agrupación de municipios para o sostemento en común dun posto único de secretaría-intervención correspóndelle á Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 b) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Aproba-la agrupación dos concellos de Ourol e Muras para o sostemento en común dun posto único de secretaría-intervención, nos termos dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9605545