Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 outubro de 1996, pola que se levanta a prohibición do cultivo de ameixa xaponesa (Venerupis semidecussata), en todo o litoral da Illa de Arousa (Pontevedra).

Por Resolución do 27 de abril de 1988, a Dirección Xeral de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pro

hibiu o cultivo de ameixa xaponesa (Venerupis semidecussata) en todo o litoral da Illa de Arousa (Pontevedra), segundo insire o DOG nº 100, de data 26-5-1988.

Con data 3-10-1996, a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, solicita a derogación da citada resolución, por variaren as condicións que propiciaron a publicación da resolución inicial.

Esta Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, facendo uso das facultades que ten conferidas, considerando as razóns aludidas no citado escrito,

ACORDA:

Levanta-la prohibición do cultivo de ameixa xaponesa (Venerupis semidecussata) en todo o litoral da Illa de Arousa (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

7704